A Xunta permitirá a celebración de mercados agroalimentarios de proximidade a partir do 4 de maio

A Fase 0 do desconfinamento permiten a súa apertura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A Xunta permitirá que os concellos celebren mercados locais de produtos agroalimentarios de proximidade a partir do próximo luns, 4 de maio, aínda que "sempre baixo estritas condicións de seguridade".

Así o anunciou este xoves o conselleiro de Medio Rural, José González, que trasladou esta decisión durante a súa participación, por vía telemática, na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural xunto co ministro de Agricultura, Luís Planas, e os seus homólogos das diferentes comunidades autónomas.

O titular de Medio Rural explicou que o Goberno galego considera que a entrada, o vindeiro luns, na 'fase 0' do proceso de desescalada, posibilita a reapertura deste servizo "baixo unhas regras" que en Galicia están xa establecidas desde o 24 de marzo.

O conselleiro apoiou esta decisión no feito de que outras comunidades españolas xa abriron estes mercados, unha medida esgrimida tamén estes días por asociacións galegas de produtores para reclamar a apertura destes mercados.

Neste sentido, o conselleiro lembrou a posta en marcha por parte da Xunta de Mercaproximidade, unha canle de venda de produtos agrarios, que debe completarse agora cos mercados locais mentres non se normalice a situación da hostalaría e a restauración, grandes consumidores deste sector.

Mercado Ecolóxico A Coruña.
Mercado Ecolóxico A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta