O Sergas instala en hospitais galegos 180 equipos sanitarios adquiridos por Abanca

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) está a instalar nos seus hospitais 180 equipos sanitarios adquiridos por Abanca, nunha compra destinada a reforzar a capacidade dos centros públicos galegos fronte á COVID-19.

Material doado por Abanca ao Sergas
Material doado por Abanca ao Sergas | Fonte: Abanca.

Segundo explicou a entidade, o material clínico inclúe 39 unidades individuais de coidados intensivos (ventiladores SV), 90 monitores PM10, 22 monitores PM12, 20 desfibriladores D3 e 9 ecógrafos CHE7. Nas próximas semanas serán instalados outros 334 equipos.

Esta dotación de soporte vital distribuíuse en función das necesidades actuais do Sergas nas áreas sanitarias da Coruña e Cee, Santiago e Barbanza, Vigo, Pontevedra e O Salnés, Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ferrol e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

O pedido inicial, por importe de 4 millóns de euros, incluía 150 unidades de coidados intensivos. Con todo, as novas condicións do mercado permiten ampliar o lote adquirido por Abanca para o Sergas, que sumou 364 dispositivos entre os que se inclúen monitores multiparamétricos, monitores de constantes vitais, desfibriladores e ecógrafos de alta prestación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta