Feijóo sobre a gran baixada de contaxiados nas UCI: “E que deixamos de contar aos que deron negativo”

Di que “non é para sacar peito” pero os datos demostran o “excelente traballo” do Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Un total de 47 pacientes con COVID-19 permanecen en UCI este xoves. Unha cifra que supón un 35% menos que os que había o mércores, 73. E como é posible que nun día houbera tal baixada nas unidades de coidades intensivos?. O presidente da Xunta explicouno na rolda de prensa telemática tras o Consello da Xunta.

Xustificou a "baixada moi importante" que se constata nesta xornada en casos na UCI e subliñou que "obedece a seguir escrupulosamente os criterios" do Goberno central, que determina --asegurou-- que "cando un paciente está en UCI e a PCR dá negativa non se pode computar como paciente COVID".

"É a sistemática que nos transmitiu e que tratamos de cumprir", asegurou, antes de insistir: "a partir de que unha paciente UCI dá negativo con PCR, automaticamente ese paciente non se pode computar como enfermo por coronavirus, aínda que siga na UCI, ou poidamos cambiar desa unidade e trasladalo a outra". É dicir, moitos desas persoas que agora seguen en coidados intensivos e poderían mesmo morrer non computarán nas estatisticas de COVID-19.

"Estamos a tentar encaixar o noso sistema informático coas instrucións do Ministerio", dixo ao tempo que explicou que a Xunta tardou tanto en dar eses datos porque ata agora non figuraba nos sistemas informáticos se os pacientes da UCI eran contaxiados ou non por coronavirus.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

"SACAR PEITO"

"Cando hai cifras depuradas ímolas acomodando", engadiu, antes de ser preguntado polo feito de que ao longo da pasada xornada non se comunicase ningún falecido e, neste sentido, se se podía facer a lectura de 24 horas sen mortos por coronavirus en Galicia. Respecto diso, Feijóo aclarou que desde as 22,30 horas deste mércores ata a primeira comunicación de falecidos desta xornada rexistráronse catro vítimas mortais.

Así as cousas, aínda que explicou que os datos non son "para sacar peito" por que o COVID-19 custou "moitas vidas", si demostran "o excelente traballo dos servizos sanitarios e sociais" da Comunidade. Tamén "trae causa", admitiu, de que o virus "circulou menos" en Galicia. "E de que se contivo de forma máis eficaz e, na miña opinión, de forma máis anticipada", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta