O sector gandeiro, en apuros polo "atasco" do mercado vacún e a caída de prezos

"Non é só que non teñas quen chos pague decentemente, senón que ata custa atopar quen chos leve", lamentan dende Agromuralla. O sector de carne é o máis afectado, pero o lácteo xa lle ve as orellas ao lobo. Unións Agrarias alerta sobre a ameaza que supoñen as "importacións ilegais" de excedentes doutros países. "A industria xa está notificando que hai que revisar os contratos. Iso é para poñer os prezos á baixa".

Por Silvia López | LUGO | 01/05/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia