O Eixo Atlántico analiza a recuperación turística das súas cidades tras a pandemia do COVID-19

A entidade transfronteiriza reuniu a 43 representantes dos seus municipios para falar sobre os retos e oportunidades do sector do turismo no período post Covid.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 30/04/2020 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

O turismo é o sector máis afectado polo Covid19 e polas medidas adoptadas nos diferentes países para combatelo. Será, ademais, un dos últimos en saír da crise e non o fará na forma na que o coñeciamos até agora. Por iso, o Eixo Atlántico decidiu xuntar a 43 representantes municipais para analizar un escenario turístico post Covid.

Turistas na Praia das Catedrais, en Ribadeo
Turistas na Praia das Catedrais, en Ribadeo | Fonte: Europa Press.

Esta xuntanza tivo lugar de xeito telemático do Grupo de Traballo de turismo do Eixo cun dobre obxectivo: aprobar as achegas do Eixo e debater entre os seus membros as accións a adoptar neste ámbito a escala eurorrexional. Así mesmo, foi unha oportunidade para as cidades de compartir preocupacións, ideas e accións que están a se desenvolver a escala local.

Entre as conclusións máis relevantes da xornada destacan o reforzo do papel do Eixo como divulgador da Eurorrexión, impulsar a imaxe de que o turismo de proximidade é un turismo seguro, impulsar iniciativas de formación ao sector e de dixitalización, facilitar o turismo de proximidade ou reforzar a comunicación entre as distintas entiades.

O turismo transfronteirizo e de calidade configúrase como a opción que no futuro inmediato, pero non só, pode abrir a porta da recuperación deste sector que terá que reinventarse no curto e medio prazo para asegurar a súa supervivencia e a dos que del dependen”, apuntan desde o Eixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta