Experto aposta por "non precipitarse" no desconfinamento porque en Galicia "circulou pouco o virus"

O catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago (USC), Juan J. Gestal, estima que Galicia terá un 10% de inmunes e defende o "uso xeneralizado" de máscara ao saír de casa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago (USC) xubilado, Juan J. Gestal, estima que Galicia terá un 10 por cento de persoas inmunes porque "o virus circulou moi pouco", polo que aposta por "levantar ben" o confinamento decretado pola crise do coronavirus COVID-19 e "non precipitarse".

"Estimo que andaremos en Galicia ao redor do 10%, que é unha porcentaxe moi baixa", comentou, en declaracións a Europa Press, o doutor Gestal preguntado sobre o estudo que elabora o Sergas para coñecer a circulación do virus en Galicia.

Iso, asegurou, "débese a que o virus circulou pouco" polo estado de Alarma decretado polo Goberno central e iso fixo que aquí "se pechara pronto". "Pero se miramos outra comunidade como Madrid, creo que a porcentaxe de inmunes andará ao redor do 15%", manifestou, para aclarar que "non é unha bóla de cristal", senón que o estima "polas informacións de pequenos estudos e o que se viu noutros países".

"Ao pechar pronto, tivemos menos problemas e o sistema sanitario puido atender a todo o mundo moi ben. En comunidades como Madrid ou Cataluña pechouse máis tarde e isto ten un crecemento exponencial moi explosivo, houbo unha tensión terrible no sistema sanitario", lembrou. Por iso, no caso de Galicia, insistiu en que "como se pechou o virus non circulou moito". "Gustaríame equivocarme e que fosen unhas porcentaxes moito maiores, pero témome que non", dixo Gestal.

DESESCALADA

En relación ao proceso de desescalada tras o confinamento decretado a mediados de marzo, Gestal destacou que "todo depende de que agora se termine ben". "Fíxose ben o tema que nos confinamos e agora hai que terminalo ben e levantar ben, non hai que precipitarse e non ir nin moi rápido nin moi amodo; ninguén sabe como hai que facer isto", explicou.

Deste xeito, sinalou que "cada país fai o que considera mellor" porque non existe "unha fórmula". "Debésemos esperar a ter ben controlada a transmisión, a reducir o número de casos, diría ata que non teñamos ningún número de casos autóctonos. E esperar esas dúas semanas do período de incubación", aconsellou porque "é o académico, o que di a medicina preventiva que debe facerse para dicir que iso está controlado".

Proba de COVID-19 en carpa anexa a un centro de saúde de Galicia.. CEDIDA/EUROPA PRESS / Europa Press
Proba de COVID-19 en carpa anexa a un centro de saúde de Galicia.. CEDIDA/EUROPA PRESS / Europa Press

"É fundamental para detectar o maior número de asintomáticos e facer unha curva con eles e esta aumentaría e comezaría a descender nun momento, ese descenso da curva dos asintomáticos diríanos que estabamos nunha magnífica situación, empezando a controlar a fonte de infección", sentenciou.

USO DE MÁSCARA

Gestal apostou polo "uso de máscara xeneralizado cando se salga de casa" porque "dificulta a transmisión, como o efecto paraugas das vacinas", o que vai axudar a "diminuír o número media de infectados que poida contaxiar e dar unha protección ao conxunto", manifestou.

Ademais, insistiu en que se debe "gardar a distancia de seguridade" e seguir "a etiqueta respiratoria de como se estornuda" e incidir na "a hixiene de mans". Todo iso, abundou, haino que "manter ata ter unha vacina". "E espero que despois queden hábitos saudables favorables", abundou.

"E poida que nalgún momento, se se produce algún rebrote, haxa que facer algún tipo de confinamento parcial ou total. Prefiro esa consecuencia, non como unha proposta de deixar que sexa a nai natureza a que funcione e se produza unha catástrofe sanitaria", afirmou, para sentenciar que "xa se sufriu bastante en toda España".

VERÁN E ELECCIÓNS

Preguntado sobre a época estival e a posible celebración dos comicios autonómicos nela, sinalou que supón "que as eleccións seguramente se celebrarán" aí porque "haberá unha bonanza epidemiolóxica no verán".

Para Gestal "este vai ser un verán atípico totalmente".  "vai ser un verán raro". "Non teremos festas, non haberá orquestras e todo o que ten o verán consigo, pero vai ser un verán distinto, moi diferente", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Ana

En USA, Brasil e Alemaña xa se manifestaron pedindo "liberdade" e contra o Novo Orde Mundial. Agora en Italia. Mentras, en España a xente segue aplaudindo dende os balcons ao mesmo tempo que lles restrinxen liberdades e os levan a unha ruina económica. Nin un so político alza a voz denunciando o que esta pasando como si fixeron en Italia como se pode ver no video "Fuerte discurso en el parlamento italiano"

2 anonimo 2

Por certo, a imunidade de grupo (ou mesmo a nível individual) das pessoas que estiveram em contato com o vírus não está nem muito menos demostrada ou provada, mais bem era uma teoria que cada vez tem menos adeptos devido as mutações de vírus. Mas como não é o caso da Galiza, aqui temos que seguir o modelo que funciona (o coreano). Se em Madrid ou Barcelona resulta que estiveram em contato com o vírus o 80% e com isso pensam que podem voltar à normalidade,..., que voltem, mas que fiquem confinados em Madrid ou Barcelona. E se passo já que todos estão imunes, que sejam solidários e enviem as máscaras aos lugares onde ainda não estamos contagiados

1 anonimo 2

Pois na Galiza temos, de confirmar-se, boas novas “baixa circulação do vírus”. Com este dado estamos em condições de nos encaminhar a des-confinamento para seguir o modelo de Coreia.Para isso é necessário: Material de proteção (do de verdade) para o pessoal sanitário que trato o corona-vírus (se alguém tem dúvidas que procure na internet como trabalham em Coreia).Uso de obrigatório de máscaras (convencionais) para todo o mundo quando esteja em contato com gente de fora da unidade familiar (entenda-se como unidade familiar pessoas que moram na mesma vivenda e pelo tanto tenhem contato diário). Test e confinamento de toda pessoa suspeita e pessoas da sua contorna (e dizer todo o contrário ao atual). Se estamos numa boa situação, tomemos as medidas ajeitas de acordo com ela.