Encontran o cadáver do octoxenario desaparecido en Boiro desde o xoves

Foi necesaria a intervención de drones e da Unidade Pegaso da Garda Civil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Un octoxenario que desaparecera na tarde do xoves en Boiro foi atopado falecido na mañá deste venres a varios quilómetros da súa casa.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), o home desaparecera sobre as 16,00 horas da tarde do xoves e o seu corpo foi localizado ás 11,30 horas deste venres.

Ao tratarse dunha zona de difícil acceso e escasa visibilidade debido ás condicións meteorolóxicas, a Garda Civil solicitou a colaboración do equipo de drones do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Deste xeito, as aeronaves do GALI, en colaboración coa Unidade Pegaso da Garda Civil da Coruña, uníronse este venres ao operativo para tratar de localizar ao desaparecido, que foi achado por veciños da zona ás 11,30 horas.

Ao lugar tamén se desprazaron os membros de Protección Civil de Boiro. Ademais, o 112 avisou á Policía Local.

Garda Civil . GARDA CIVIL
Garda Civil . GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta