O Parlamento de Galicia pon a media hasta as súas bandeiras en sinal de loito polas vítimas

Esta medida foi adoptada por outras institucións galegas tras a declaración de loito oficial aprobada o xoves polo Goberno galego na reunión do Consello da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

As bandeiras do Parlamento de Galicia ondean desde este venres, día 1 de maio, a media hasta en sinal de loito polas vítimas mortais da pandemia provocada por coronavirus.

A Cámara galega explicou que esta medida se enmarca na declaración de loito oficial na Comunidade galega entre o 1 e o 31 de maio de 2020 debido ás mortes provocadas por esta pandemia.

Esta medida foi adoptada por outras institucións galegas tras a declaración de loito oficial aprobada o xoves polo Goberno galego na reunión do Consello da Xunta. Deste xeito, leste mesmo venres, o Concello de Lugo informou de que tamén manterá, durante todo o mes de maio, as bandeiras dos edificios municipais a media hasta en sinal de dó.

Ademais, o Consistorio informou de que a alcaldesa, Lara Méndez, proporá á corporación aprobar unha declaración institucional en recordo das vítimas, así como en recoñecemento das mostras de responsabilidade da cidadanía e para agradecer o labor dos profesionais nesta pandemia.

As bandeiras do Parlamento de Galicia ondean a media hasta en sinal de duelo. PARLAMENTO DE GALICIA
As bandeiras do Parlamento de Galicia ondean a media hasta en sinal de duelo. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta