Fillos de familias con escasos recursos reciben computadoras para os seus estudos

Esta repartición faise a través dos centros públicos para facilitarlle aos mozos e mozas continuar os estudos mentres dure o estado de alarma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Xunta continuou esta semana coa repartición de computadores ás familias con menos recursos a través dos centros públicos galegos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional.

En varios comunicados remitidos aos medios, a Delegación Territorial da Xunta deu conta dunha nova repartición de 579 equipos na área da Coruña, 408 en concellos da zona Santiago, 339 na de Ferrol, 258 na comarca de Bergantiños e 224 na do Barbanza.

Pola súa banda, noutra nota de prensa, a Delegación Territorial da Xunta en Ourense tamén deu conta da repartición duns 600 computadores ao alumnado con menos recursos dos distintos municipios da provincia.

A Xunta lembrou que nun primeiro momento entregáronse ordenadores recorrendo aos equipos que estaban nos propios centros e que, posteriormente, realizáronse dous novos envíos a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o último esta semana.

A Administración autonómica destacou que a medida se realiza en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange. Así, as familias reciben os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma.

Ordenador portátil
Ordenador portátil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta