Milleiros de persoas toman camiños, rúas e paseos 50 días despois de iniciarse o confinamento

Máis de mes e medio despois, milleiros de persoas puideron saír a facer deporte ou pasear.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/05/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Cidades e vilas galegas fervían na mañá deste sábado. 50 días despois de decretarse o Estado de Alerta, o Goberno central permitiu a toda a poboación saír á rúa por franxas horarias.

Xente correndo, paseando, facendo deporte en Vigo 50 días despois de iniciada a corentena polo coronavirus Covid-19
Xente correndo, paseando, facendo deporte en Vigo 50 días despois de iniciada a corentena polo coronavirus Covid-19 | Fonte: c Miguel Núñez

Así, de 6 ata ás 10 da mañá é a franxa para deportistas e persoas maiores de 14 anos. O deporte poderase practicar de maneira individual, unha vez ao día, sen contacto con outra persoa e a limitación de distancia poraa a fronteira do teu municipio.

De 10 a 12 da mañá é o momento para os maiores de 70 anos e persoas dependentes. As persoas dependentes poderán saír co seu coidador, unha vez ao día como máximo. De 12 a 19 da tarde é o momento dos nenos menores de 14 anos que poderán saír, como xa fan desde o pasado domingo, pero só neste horario, de 12:00 a 19:00 horas.

De 19 ao 20 da tarde volverán os maiores de 70 anos e persoas dependentes que non saísen no seu horario matinal permitido. Pechan o día as persoas que poden abrilo para facer deporte individual e paseos coas restricións para adultos maiores de 14 anos que, igualmente, non saísen pola mañá.

Á marxe destas opcións quedan as persoas con síntomas ou afectados polo coronavirus, que deberán permanecer no seu domicilio. Tampouco poden saír os residentes en centros sociosanitarios de maiores.

Estado no que se atopaba o paseo marítimo da Coruña ás 08.50 horas do sábado 2 de maio, primeiro día no que se pode saír por franxas horarias durante a corentena
Estado no que se atopaba o paseo marítimo da Coruña ás 08.50 horas do sábado 2 de maio, primeiro día no que se pode saír por franxas horarias durante a corentena | Fonte: Ubaldo Cerqueiro

Mentres, os municipios con menos de 5.000 habitantes, ou aquelas entidades menores de poboación con menos de 5.000 habitantes, non estarán sometidos a estas limitacións, e poderán realizar as actividades permitidas a calquera hora do día.

A xente tamén saíu en Santiago o primeiro día das franxas horarias do confinamento polo coronavirus para pasear ou facer deporte
A xente tamén saíu en Santiago o primeiro día das franxas horarias do confinamento polo coronavirus para pasear ou facer deporte | Fonte: André Chamadoira
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Tratannos coma ganado; confinamento, meter medo, bozal/mascarilla, saida a pasear a unha hora determinada... so falta a vacuna e o chip. Non sei vos pero eu non quero un sistema donde os políticos decían cando podemos sair da casa e cando non e donde nos traten como nenos pequenos ou directamente como ganado. Ainda seguimos agardando polas probas da suposta pandemia. ¿Dónde están as autopsias?. En Italia xa hai políticos denunciando a farsa. Defendan as suas liberdades e digan NON ao Novo Orde Mundial.