Habilitada pola Xunta unha ferramenta para medir a lonxitude dos movementos

Os usuarios desta ferramenta teñen dúas formas de calcular as distancias. A primeira consiste en fixar directamente sobre o mapa a localización da residencia e establecer a partir de aí o radio máximo de desprazamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2020 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A Xunta abriu unha ferramenta web que permite medir e comprobar a lonxitude dos desprazamentos que agora están permitidos. A través dun visor dispoñible na páxina do Instituto de Estudos do Territorio (IET), ofrécese aos cidadáns "a posibilidade de calcular con precisión" o radio no que poden moverse para que planifiquen as súas saídas.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considera que esta aplicación, elaborada en colaboración coa Axendia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) "pode resultar útil" agora que, desde este sábado, o Goberno autoriza os paseos en familia --ata un quilómetro-- e a práctica de deporte individual.

Así, os usuarios desta ferramenta teñen dúas formas de calcular as distancias. A primeira consiste en fixar directamente sobre o mapa a localización da residencia e establecer a partir de aí o radio máximo de desprazamento.

A outra opción é calcular directamente a través da pestana 'medidas' un percorrido concreto seguindo os propios viarios.

Visor web habilitado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) para calcular percorridos.. XUNTA
Visor web habilitado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) para calcular percorridos.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo 2

Really? Xunta demissão! É claro que há que manter o afastamento fora da unidade familiar (pessoas que moram em um mesmo domicilio), e que a limitação de 1 km é para evitar que todos vaiamos ao mesmo lugar, mas esta app não só é ridícula, é indignante. Com a crise sanitária, econômica e alimentar nosso políticos perdendo tempo e dinheiro. Xunta demissão!