Catro falecidos de residencias de maiores son borrados das listas oficiais da Xunta

Sanidade di que os centros suman outros 41 curados de COVID-19 e os casos activos baixan a 841.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2020 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

Os mortes en residencias oficiais eran ata este venres 128. A partir de agora pasan a ser 126. E a que se debe este baile de cifras. Sanidade retirou da lista oficial 4 dos falecidos e incluíu a outros dous producidos nas últimas horas na residencia de Santa Teresa de Jornet, na Coruña.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

As tres persoas de centros de maiores que segundo este departamento xa non forman parte do total de falecidos con COVID-19 pertencían á nosa Señora da Esperanza (Ourense), residencia de Bande (Ourense) e á DomusVi Barreiro (Vigo). Ademais, un dos mortos que inicialmente se contaba como falecido en residencia (na DomusVi San Lázaro), hoxe pasou a formar parte da lista de vítimas en hospitais.

A explicación que dan desde Sanidade é que restaron eses falecidos porque no momento da súa morte "deran PCR negativo" en coronavirus.

CONTAXIOS

Con respecto á situación actual das residencias de anciáns galegas, a Xunta informa que este venres houbo 41 novas altas de usuarios e traballadores que se curaron da COVID-19. Así, o cómputo total de casos activos redúcese ata 841: 580 residentes e 261 empregados.

De acordo co balance deste sábado ofrecido pola Consellería de Política Social, con datos actualizados a última hora do venres, a maioría das novas altas --27 usuarios e 2 traballadores-- contabilízanse na residencia Santa Teresa Jornet, na Coruña.

TRABALLADORES

En canto aos traballadores das residencias, déronse este venres catro altas: dous na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña e outras dúas na Milagrosa, en Lugo.

Dos 261 empregados de centros de maiores que aínda teñen o coronavirus, 28 concéntranse tamén na Nosa Señora da Esperanza; 17 na Santa Teresa Jornet; e 16 na residencia Divino Mestre de Ourense e a DomusVi Cangas, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta