Temas: UE XUNTA TIC

Solicitan á UE que revise os criterios de calidade para as conexións de telefonía móbil en áreas illadas

De momento a Xunta de Galicia espera que se levante o estado de alarma para facer as avaliacións de eficiencia en diferentes puntos da comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2020 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) solicitou á ORECE, organismo europeo que regula as telecomunicacións na Unión Europea, a necesidade de "fixar uns mínimos de calidade" no servizo de telecomunicación que se presta por parte das redes de telefonía móbil para asegurar a cobertura nas zonas máis illadas.

Ademais, Amtega tamén notificou formalmente á Comisión Europea a iniciativa autonómica para mellorar a cobertura móbil en áreas do interior con máis problemas neste sentido.

Así, este trámite dá continuidade ao traballo que realiza esta institución galega e que debe contar coa aprobación previa da UE para "levar a cabo os investimentos públicos previstas para mellora as redes de telefonía móbil nas zonas rurais", segundo explicou o Goberno galego este domingo nun comunicado.

En total, 94 concellos acolléronse a esta iniciativa lanzada a finais de 2019 e que conta cun investimento de 5 millóns de euros. Para participar, todos estes municipios puxeron a disposición un terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica.

Ademais, a Administración autonómica tamén precisou que unha vez se levanten as restricións derivadas do estado de alarma, validaranse as zonas con deficiencias de cobertura e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas para crear un mapa de actuación.

Móbil- Arquivo
Móbil- Arquivo

Temas: UE XUNTA TIC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta