Afundación retransmite este luns a quinta sesión 'en liña' do Foro Vino XXI e unha clase de ioga

Ademais, a quinta sesión do Foro Vino XXI estará liderada por Raúl Pérez, de Raúl Pérez Bodegas y Viñedos, quen foi nomeado dúas veces como mellor enólogo do mundo e é un dos máis admirados polas novas xeracións de produtores españois.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2020 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia



Afundación, a obra social de Abanca, ofrece este luns, a partir das 19,30 horas, a quinta sesión 'en liña' do Foro Vino XXI, e unha clase de ioga ás 11,00 horas.

O Foro Vino XXI, segundo informa a entidade financeira, é un proxecto que agrupa a "varias persoas influentes" da enoloxía galega durante o século actual.

En concreto, será o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, quen faga de interlocutor nunha sesión que ofrecerá os coñecementos de viticultores, adegueiros, catadores e distribuidores de Galicia de primeira man.

Ademais, a quinta sesión do Foro Vino XXI estará liderada por Raúl Pérez, de Raúl Pérez Bodegas y Viñedos, quen foi nomeado dúas veces como mellor enólogo do mundo e é un dos máis admirados polas novas xeracións de produtores españois.

SESIÓN DE IOGA

Tamén durante a próxima xornada celebrarase unha nova sesión de 'Benestar e ioga', inspirada nas actividades que, de maneira habitual, viñan desenvolvendo nos seus espazos para persoas de máis de 60 anos.

O obxectivo é seguir coidando a saúde e promover os bos hábitos. Así, todos os luns e xoves Sandra Roco conduce unha sesión de *Benestar e ioga* en directo a partir das 11.00 h para todas as persoas que se inscriban aquí a través da web de 'Afundación na casa'.

Centro Social de Afundación na Coruña
Centro Social de Afundación na Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta