Feijóo critica o plan de desescalada de Sánchez sen ter un propio: “Se souberamos cando o presentaba xa o teriamos”

“E se tiveramos autonomía para facer o plan de desescalada pois teriamos un plan publicado no DOG”, di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou novamente este domingo o plan de desescalada do Goberno central pero, tras preguntarlle este medio, se ademais de criticar, ten un plan específico de desescalada para Galicia, contestou con evasivas: “Se souberamos cando o presentaba -Sánchez- pois xa o teriamos presentado”, dixo.

Por suposto que temos propostas e xa llas remitimos ao Goberno central, pero non sabiamos que ía presentar o plan este martes. Se o souberamos con antelación pois teriamos un plan compartido entre as autonomías”, dixo.

Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. XUNTA

Así, volveu suliñar que se Galicia puidera actuar con competencias e de forma autónoma ou se puxera fin ao Estado de Alarma, “pois a Xunta presentaría ese plan”. Neste sentido, destacou que a Xunta ten un comité clínico e de expertos que xa fixo propostas: que ese plan sexa por territorios, por distritos e áreas sanitarias e que haxa a posibilidade de moverse entre áreas.

E, pouco máis alá foi Feijóo no seu plan propio, ao aludir que tamén instaron a comercios e perruquerías a abrir con cita anticipada. “Claro que temos  protocolos para sectores económicos”, insistiu ante a pregunta deste medio. “E se tiveramos autonomía para facer o plan de desescalada pois teriamos un plan  publicado no DOG”, dixo.

CRÍTICAS

Previamente, o presidente galego cualificara de "confuso, incompleto e discrecional" o plan de desescalada exposto polo Estado, do que insistiu en que a división do territorio por provincias atende a un "criterio administrativo" que se remonta a 1833, polo que aínda ve "conveniente" que se faga por áreas sanitarias.

Neste sentido, e aínda que saudou que Sánchez "reabriu" a porta a modificar este criterio se as comunidades ofrecen "razóns suficientes e motivadas", Feijóo lamentou "a ausencia de coñecemento" en canto aos criterios sanitarios que cada territorio debe cumprir para avanzar nas fases do desconfinamiento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Manuel..

Feijóo= malo Gonzalo=bueno Ana= bueeno Antón= bueenoo O mellor= o partido da taza E despois de catro tazas RECORTES CERO

3 Toxo

Feijoo pide levantar o estado de alarma, se o levantan, e as compentencias pasan as CCAA, pensa que Ayuso vai frear a marcha de paisanos cara as segunda residencias como pasou antes do 14 de marzo espallado o virus por todo o Estado?

2 Braisiño

Feijoo está en campaña. Desmantelou áreas sanitarias de Galicia. Pechou especialidades en hospitais comarcais..... Non lle pasará factura.¿Onde está a oposición? Dsaparecida. Coa axuda de La Voz subvencionada e da TVG, Fejoo arrasará nas elccións deste verán. Lamentable oposición.

1 Ana

So agardo que todolos partidos políticos paguen nas próximas eleccions (con unha abstenccion histórica) o apoio ao estado de alarma e a ruina económica que esto trae. A verdade sobre a falsa pandemia esta saindo a luz grazas a videos como "En Italia empieza a salir la verdad con fuerza" e "Asi se computan los enfermos y muertos por Covid19"