Os Non Adscritos entran na Executiva

Os Non Adscritos entrarán case dous anos despois da XI Asamblea Nacional na Executiva do BNG da man de Roberto Mera. O de Ponteareas aceptou, finalmente, a proposta de Quintana para facerse cargo da Política Municipal logo de pensalo moito. Mera quedou moi "queimado" tras enfrentarse a Beiras e ao sector dos Non Adscritos liderados por Quico Chivite e Emilio Ínsua durante a configuración das listas electorais. "Todo o que aconteceu minouno moito porque mesmo chegou a ter problemas na súa propia comarca", apuntaron fontes do BNG que lembran que mesmo o acusaron de ter pactado coa UPG.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/09/2005 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta