O País Vasco segue marcando a axenda electoral de Feijóo

Feijóo di que coincide con Urkullu en analizar "vías legais" para prorrogar as eleccións a 2021. "Temos que aproximarnos ao escenario que nos dea maior certeza sanitaria para poder facer eleccións", destaca o presidente galego.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 03/05/2020 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que "prorrogar a lexislatura máis do catro anos" sería a "peor solución" e aposta por "buscar fórmulas" para poder celebrar as eleccións. Con todo, dixo que coincide co lehendakari vasco, Íñigo Urkullo de buscar "vías legais" para poder atrasar as eleccións ao 2021, xa fora do prazo legal.

Votacións. Eleccións municipais e europeas do 26 de maio de 2019. Papeletas. Colexio CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo
Votacións. Eleccións municipais e europeas do 26 de maio de 2019. Papeletas. Colexio CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol (A Coruña). EUROPA PRESS - Arquivo

Así o anunciou este domingo na rolda de prensa posterior á reunión que o titular do Goberno galego mantivo co xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, e o resto de presidentes autonómicos. Ao ser preguntado sobre a cuestión electoral, o presidente galego subliñou que non ten ningún "interese" en que "a lexislatura vaia máis aló da súa finalización" --en outubro-- e de feito, considera que "sería a peor solución" que iso sucedese, pero tampouco o descartou.

Con todo, citou catro motivos pola "incerteza" desta situación. O primeiro é que "nunca se fixo", despois Feijóo tamén argumenta que "non hai ordenamento xurídico" para poder acometer esta decisión, ademais a Comunidade entraría "nunha situación na que o Parlamento está disolto e non se cumpriría o equilibrio entre o poder executivo e lexislativo" e por último considera que "se abriría un proceso absolutamente incerto" para a cidadanía.

Neste sentido, aclarou que deben "buscarse fórmulas máis certas" para poder abordar a convocatoria electoral ou se non "estamos ante un abismo de lexislatura e abismo legal que debemos prever".

ELECCIÓNS CON DIFICULTADES

Por todo iso, considera que "dentro da incerteza na que vivimos desde o punto de vista sanitario, temos que aproximarnos ao escenario que nos dea maior certeza sanitaria para poder facer eleccións".

Prevé que serán "eleccións con dificultades, con distanciamento social, con colexios electorais máis amplos dos que temos, con lugares onde haxa menos aglomeracións e cunha campaña importante de voto por correo", en definitiva, "con fórmulas para poder exercer os dereitos fundamentais" da cidadanía como é o dereito ao voto, sinalou Núñez Feijóo.

RISCO SANITARIO EN OUTUBRO

Aínda que non marca unha data no calendario, sinalou que "o risco de rebrote no outono ou inverno é máis previsible" que noutra época do ano e que isto daría lugar a que "en outubro puidésemos estar en estado de alarma" outra vez con "un risco sanitario superior", polo brote de gripe co que pode coincidir.

Ante todo, o obxectivo sería garantir o dereito civil ao voto a todos os cidadáns. Por iso, aínda que sen marcar data para os comicios autonómicos, pediu ao Goberno español que non manteña un estado de alarma 'sine die' porque estes "non se poden utilizar de forma indiscriminada e continuada no tempo".

"Habemos de buscar límites para a suspensión de dereitos e liberdades", concluíu Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se queremos ter eleccións en LIBERDADE o primeiro é votar contra o Estado de Alarma... e logo xa falaremos do virus, dos rebrotes, e das mentiras dos ERTEs impagados, e de todo o demáis que aínda teremos que padecer (?) Sen liberdade de que eleccións falamos ? Os nosos maiores seguen presos sen que ninguén se acorde deles, 110 sen dar siquera un paseo pode matar a tanta xente coma o virus ! Pero se logo de 50 días presos nos deixan sair a correr ou a pasear por horas... xa estamos todos contentes (?) Somos coma NENOS ! e o Goberno Central sabe que ten a sartén polo mango !!!