A Xunta distribúe recomendacións preventivas ante a apertura do comercio

En redes sociais, a campaña de divulgación e información desenvolverase baixo o lema #SeguimosAdiante.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2020 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou e distribuíu aos sectores produtivos material específico con recomendacións para a prevención ante o coronavirus no comercio, debido á súa reapertura a partir deste luns, con cita previa, en establecementos de menos de 400 metros cadrados.

A documentación, acordada nos últimos días co sector e enviada este domingo, recolle medidas a ter en conta antes de ir traballar, como identificar as persoas sensibles, non acudir en caso de febre ou síntomas respiratorios ou facer desprazamentos, preferentemente de maneira individual.

Tamén se incide na distancia de seguridade que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal, adoptar medidas de barreira nas zonas de atención ao público e controlar o aforamento mediante cita previa, organizando a entrada por quendas e indicando un horario de atención preferente a maiores de 65 anos.

En canto á hixiene e limpeza, faise fincapé no lavado frecuente de mans, evitar tocar nariz, ollos e boca, cubrir as vías respiratorias cun pano des ao tosebotable ao tusir ou esbirrar, así como limpar e desinfectar espazos frecuentemente, ventilar, protexer o produto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación e usar máscara hixiénica ou cirúrxica durante a estancia no comercio.

Tamén se recollen medidas organizativas, como a sinalización no chan das distancias e camiños, valorar a necesidade de apertura de probadores e, en caso de facelo, reforzar a limpeza e desinfección, e fomentar o pago por medios electrónicos, así como o comercio en liña.

Do mesmo xeito, o Goberno galego insistiu tamén na importancia de adquirir material recomendado polas autoridades sanitarias, entre o que non se atopa o ozono.

Dentro da campaña de divulgación e información de comercio seguro, enviaranse elementos informativos para colocar nos mostradores de todos os establecementos que levarán recomendacións da Xunta, así como unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.

Comercio. EUROPA PRESS - Arquivo
Comercio. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta