A Xunta engorda as cifras de afectados por un ERTE en máis de 65.000 persoas

Hai oficialmente 165.038 persoas e non as 230.668 que informou o Goberno galego. Por outra banda, Galicia baixa do millón de cotizantes, coa destrución de 38.000 desde que empezou a crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2020 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

En Galicia, hai 165.038 persoas afectadas por un ERTE a data de 30 de abril, segundo os datos do Ministerio de Seguridade Social ofrecidos este martes. Unha cifra que difire significativamente coas cifras das que informou Xunta ese día, no que había un total de 230.668, é dicir, 65.630 máis.

Segundo os datos do Ministerio, hai 150.241 traballadores en ERTE por forza maior (o 91%), mentres os 14.797 restantes (o 9%) non son por forza maior. Por provincias, hai 69.530 afectados na Coruña; 61.771, en Pontevedra; 17.755, en Ourense; e 15.982, en Lugo.

En cambio, a 30 de abril, a Xunta informaba de 79.767 en Pontevedra; 64.992 traballadores, na Coruña; 17.822, en Ourense; e 15.299, en Lugo. A estes sumaba 32.397 empregados en ERTE estatais con incidencia na Comunidade e 20.391 de servizos centrais autonómicos.

MÁIS DE 3,38 MILLÓNS DE AFILIADOS ESTÁN NUN ERTE

Segundo Seguridade Social, ao finalizar abril o total de afiliados que estaban nun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) por unha suspensión total ou parcial era de 3.386.785 persoas, o equivalente a un de cada catro afiliados no Réxime Xeral.

Do total de ocupados nun ERTE, 3.074.462 atopábanse nun procedemento por forza maior e 312.323 nun ERTE por outras causas.

Caída afiliación abril Galicia. EPDATA
Caída afiliación abril Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

SEGURIDADE SOCIAL

Galicia rexistrou de media a destrución de 27.853 empregos en abril, o que deixa o total de cotizantes por baixo do millón (974.770), segundo datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

De tal forma, se se suman os case 10.000 cotizantes perdidos de media en marzo aos de abril, desde que comezou a pandemia perdéronse preto de 38.000 empregos de media na Comunidade --uns datos nos que non se inclúen os traballadores en ERTE--, nun retroceso acumulado estes dous meses que rolda o 4%.

Non se producía unha caída intermensual de cotizantes en Galicia nun mes de abril desde o ano 2013, polo que rompe con seis anos consecutivos de ascensos. En abril, por provincias o descenso de cotizantes está liderado pola Coruña, con 12.204 menos (-2,83%); seguido por Pontevedra (27.853 menos, -2,78%); Ourense (2.361 menos, -2,33%); e Lugo (2.240 menos, -1,86%). Respecto de hai un ano, en Galicia hai 35.821 cotizantes menos, o que supón unha caída interanual do 3,54%.

Na distribución por réximes, Galicia contabiliza 748.315 afiliados no xeneral. Mentres tanto, hai 206.411 autónomos e 20.044 no do mar.

DATOS ESTATAIS

A Seguridade Social pechou o mes de abril en España cun descenso de 49.074 afiliados, ata situarse o número total de ocupados en 18.396.362, segundo datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicados este martes.

Este é o dato co pechou o sistema o último día do mes e o que mellor reflicte o impacto da pandemia do coronavirus na afiliación. Esta redución é moi inferior á que se rexistrou en marzo, cando a ocupación caeu en case 834.000 persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta