Galicia pide ao Goberno central os mesmos criterios que aplica en Asturias para as franxas horarias na desescalada

Na autonomía veciña o límite a localidades de menos de 5.000 habitantes aplícase en núcleos de poboación e non en concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2020 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

A Xunta demandou ao Goberno que utilice en Galicia o mesmo criterio de aplicación da orde de franxas horarias para saídas á rúa que se usa en Asturias, onde o límite a localidades de menos de 5.000 habitantes aplícase en núcleos de poboación e non en concellos.

Reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado en Galicia pola epidemia do coronavirus
Reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado en Galicia pola epidemia do coronavirus | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o trasladou o vicepresidente, Alfonso Rueda, tras a reunión deste martes do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) creado en Galicia pola epidemia da COVID-19, na que tamén participa a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cuxo presidente, Alberto Varela, demandou á Xunta "información" por territorios sobre a situación sanitaria para mellorar a coordinación no proceso de desescalada.

A Cecop, segundo o exposto por Alfonso Rueda, elevou unha consulta ante o Ministerio de Sanidade para que aclare por que en Asturias se aplica un criterio diferente ao de Galicia á hora de permitir que as saídas á rúa en poboacións de menos de 5.000 habitantes non deban rexerse polas franxas establecidas para evitar concentracións.

Así, como lembrou, a Delegación do Goberno en Asturias aplica a directriz do Executivo central en núcleos de poboación, mentres que en Galicia se realiza por termo municipal. Isto, segundo Rueda, supón un "agravio compartivo" que "non responde a criterios sanitarios" nun territorio como Galicia, onde "hai moitísimos" núcleos de poboación, especialmente no rural, con poboacións por baixo do devandito límite que, con todo, deben cinguirse ás franxas horarias ao imperar a súa pertenza a concellos con máis de 5.000 habitantes.

"Se seguísemos o exemplo de Asturias, case o 50% dos galegos terían liberdade horaria, con todas as garantías sanitarias, para saír das súas casas. Pero, seguindo o criterio da Delegación, só o 15% ten esta liberdade", incidiu Rueda, que pide para Galicia a mesma interpretación da norma que se aplica en Asturias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta