O Eixo Atlántico en contra de que as aerolíneas non devolvan os cartos de viaxes canceladas

Unha ducia de países da Unión Europea, entre eles Francia, Irlanda, Países Baixos ou Portugal solicitaron á CE a suspensión dos dereitos dos pasaxeiros que obrigan ás aerolíneas a devolver o prezo do billete dos voos cancelados.

Por Galicia Confidencial | Braga | 05/05/2020 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O Eixo Atlántico trasladou esta mañá a súa frontal oposición a que se poidan suspender os dereitos dos pasaxeiros de avión durante a crise do coronavirus. Nunha carta enviada esta á Comisaria de Transportes, Adina Valean, o presidente do Eixo, Ricardo Rio, trasládalle a súa “indignación” pola recente petición de doce estados membros para que se anule a carta dos dereitos dos pasaxeiros e transmitiulle a oposición frontal do Eixo Atlántico á petición así como a súa solicitude para que esa medida sexa rexeitada.

Un avión sobrevoa o aeropuero Adolfo Suarez-Madrid Barallas, tras a reapertura do espazo aéreo do aeroporto, despois de estar dúas horas pechado pola presenza de drones, en Madrid (España), a 3 de febreiro de 2020.. Eduardo Parra - Europa Press
Un avión sobrevoa o aeropuero Adolfo Suarez-Madrid Barallas, tras a reapertura do espazo aéreo do aeroporto, despois de estar dúas horas pechado pola presenza de drones, en Madrid (España), a 3 de febreiro de 2020.. Eduardo Parra - Europa Press

Nestes tempos de crises e pandemia, deberiamos reforzar os nosos valores e defender os dereitos dos cidadáns”, suliñou. O pasado mércores 29 de abril unha ducia de países da Unión Europea, entre eles Francia, Irlanda, Países Baixos ou Portugal solicitaron á Comisión Europea a suspensión dos dereitos dos pasaxeiros para que as compañías poidan compensar con cupóns a quen non poidan voar polas restricións impostas polo coronavirus.

As regras comúns establecen que as aeroliñas deben devolver con diñeiro o prezo do billete en caso de cancelación dun voo ou ben a recolocar ao pasaxeiro nunha ruta alternativa. Con todo, os países piden nunha carta ao executivo comunitario unha resposta "urxente" que permita ás compañías aéreas resolver as devolucións mediante cupóns canxeables máis adiante.

Por estes motivos o presidente do Eixo reclama que a Comisión Europea debe “defender o noso modo de vida e protexer os dereitos xa adquiridos dos cidadáns”. Ricardo Rio indica que non están en contra de que as empresas emitan vales en lugar de devolver o diñeiro no caso de cancelación de voos, pero os cidadáns deben estar de acordo coa medida. “As normas da Unión Europea son moi claras: cando os servizos se cancelan, débese proporcionar outra opción de voo ou o reembolso do billete. Esta debe seguir sendo a norma, cambiala agora sería un paso atrás inaceptable”, asegurou.

O alcalde de Braga avisa dos riscos que esta decisión tería non só para o peto dos cidadáns e empresas, que xa están en dificultades, senón tamén para a recuperación do turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta