Interinos denuncian que a Xunta aproveita a COVID-19 para "precarizar" a educación en Galicia

Denuncian a suspensión de chamamentos par cubrir vacantes en educación. "Estanse creando malos precedentes", advirten.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/05/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Un grupo de profesores interinos e substitutos da plataforma #OPOñomeaestaOPO, denuncian que se está danando á comunidade educativa, tanto profesores como alumnado. O motivo é que coa emerxencia da COVID-19, suspendéronse os chamamentos de substitución para cubrir baixas de docentes en activo. Desta maneira estaríase incumprindo unha serie de puntos do acordo do 20 de xuño de 1995 sobre substitucións.

Aula de primaria.
Aula de primaria.

Entre outros, que non se cubran as substitucións cunha antelación máxima de tres días lectivos. Neste sentido, o colectivo denuncia que existen vacantes sen cubrir desde hai semanas. Tampouco se está respectando o horario dos chamamentos para substitucións.

O colectivo OPOñomeaestaOPO sinala que se corre o risco de crear un mal antecedente de precariedade nas substitucións de cara ó futuro. Ademais, non se está a reforzar aos docentes que teletraballan e deben conciliar coa vida familiar. A isto suman que coa crise económica quedan no paro centos de profesores sen poder acollerse a ERTEs, deixándoos en situacións complexas.

Por último, sinalan que tras a reunión entre Consellería de Educación e directores de centros educativos, despois de Semana Santa só se cubrirían os postos inprescindibles. Indican que a emerxencia sanitaria non debe xustificar a falta de chamamentos. Isto está creando unha gran merma de calidade no ensino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se a "solución" da ministra Celaa sobre o novo curso escolar chega a ver a luz nalgún dos Decretos do Goberno Central, os sustitutos asistirán nas súas casas á metade do alumnado que non acuda ás aulas, ou ben serán "coidadores de aulas de ordenadores" nos Centros nas que vivirán os nenos cuxos pais non podan conciliar a súa vida laboral... Os aforros serán sustanciosos, pero eles seguirán a falar de que o teletraballo e o ensino on-line son grandes avances da Nova Normalidade !