Temas: VALDEORRAS AGRO

O 'Black Rot', a enfermidade que chegou dos EE.UU. e ameaza Valdeorras

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras advirte aos viticultores de indicios deste fungo en viñedos do territorio protexido.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 06/05/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As condicións meteorolóxicas que están a darse nestas últimas semanas, humidade e altas temperaturas, constatan indicios de "Black Rot" na comarca segundo advirte o Consello Regulador da D.O. Valdeorras, a través do seu órgano de control.

Viña de godello. Fonte: CRDO Valdeorras
Viña de godello. Fonte: CRDO Valdeorras

Trátase dunha enfermidade que provén de Estados Unidos e que chegou a Francia a mediados do século XIX. A infección empeza polas follas, nas que aparecen unhas manchas oscuras, de cor marrón, que as van queimando. Se non se lle pon freo poden chegar a queimar os abrollos e os acios.

"Previr e controlar este fungo é fundamental para que a colleita sexa boa", sinala o presidente do organismo, José Luis García Pando, que insta aos viticultores a estremar as precaucións e aplicar os tratamentos fitosanitarios necesarios para combatelo.

Temas: VALDEORRAS AGRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta