En Común avisa que "sería unha enorme irresponsabilidade deixar caer o estado de alarma"

Gómez-Reino demanda "máxima responsabilidade" ás forzas políticas. Beatriz Pino, pola súa banda, subliña que Ciudadanos non vota "a favor de Sánchez" senón "a favor de España" na prórroga do estado de alarma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2020 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas e deputado no Congreso por Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, subliñou que "sería unha enorme irresponsabilidade deixar caer o estado de alarma" na votación que terá lugar no Congreso dos Deputados.

Gómez-Reino, que asiste á sesión de forma telemática, destacou que se a Cámara Baixa rexeita continuar dúas semanas máis baixo o estado de alarma pola crise do coronavirus suporía "botar por terra o enorme esforzo feito por miles de galegos neste tempo de confinamento e pór en risco miles e miles de vidas".

Por iso, demandou "máxima responsabilidade" ás forzas políticas ante o debate iniciado este mércores e no que, segundo o de Podemos, debe quedar aparcada a loita "partidista".

"Non é momento de loita electoral nin de xogar coa protección social de miles de familias en situación de desemprego ou nun ERTE", remarcou antes de incidir en que o estado de alarma, ademais dun "mecanismo normativo que permite ordenar as medidas de desescalada", permite "articular o amplísimo escudo social" posto en marcha desde o Executivo.

O portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez Reino. GALICIA EN COMÚN
O portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez Reino. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

CIUDADANOS

Pola súa banda, a portavoz de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino, fixo fincapé en que o voto a favor da prórroga do estado de alarma que se debate este mércores no Congreso dos Deputados será un voto "a favor de España" e non "a favor de Sánchez".

Pino asegurou que se pode ser "responsable, útil e leal aos españois" e ao mesmo tempo "facer unha oposición crítica co Goberno". Considera que o estado de alarma "era necesario" para "frear a pandemia, evitar saídas sen control á rúa e protexer ERTEs e axudas das que dependen as familias".

En todo caso, quixo destacar que "o voto de Ciudadanos é unicamente para alongar o estado de alarma. É un voto en conciencia e estaremos vixiantes para que Sánchez respecte os acordos ao alcanzados". Prevalecerá o "sentido de estado e o non renunciar a nada" de Inés Arrimadas, engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Este goberno de coalición leva 114 días no poder, e leva 54 días gobernando por Decreto ! Unha marabilla converter unha democracia imperfecta nunha Ditadura Perfecta ! https://twitter.com/00Gamela/status... Que serán capaces de facer en 72 días de Goberno Autoritario ! Asustar aínda máis á xente e arruinar o pais enteiro?

1 Gamela

a nosa Yolanda seica enviou os cartos dos ERTEs a outras contas bancarias (?) a xulgar pola xente que dí non ter cobrado un euro... pero ao mellor tamén isto é un bulo...? https://twitter.com/00Gamela/status...