Os sindicatos piden medidas urxentes e que os concellos actúen de maneira activa de cara a desescalada

Reclamana ao Goberno que permita ás administracións localis "gastar o superávit" que posúen na veciñanza, os negocios e as persoas traballadoras dos concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) demanda que se poñan en marcha "medidas laborais urxentes" para levar a cabo a desescalada, mentres que a Unión Xeral de Traballadores (UGT) pide aos concellos actuar neste proceso.

Pola súa banda, a CIG trasladou unha serie de propostas para "corrixir de inmediato as deficientes e insuficientes medidas" de "corte neoliberal" que se propuxeron desde o inicio do estado de alarma e optar por "modificacións legais" e a aprobación de " un paquete de medidas fiscais".

As propostas desta forza sindical pretenden centrarse fundamentalmente en tres eixos, os ERTE, a negoaciación colectiva e o teletraballo. Aseguran que é preciso "derrogar as reformas laborais de 2010 e 2012" para restablecer "a versión menos mala" que rexía con anterioridade.

Neste sentido, propoñen que se prohiba simultanear a aplicación dun ERTE con outra medida consistente nun descolgue salarial, inaplicación de convenio colectivo, modificación substancial das condicións de traballo ou mobilidade xeográfica e/ou funcional".

Ademais, apelan a que o traballador afectado perciba inmediatamente o paro, garantir o cobro durante todo o ERTE do 70% da base reguladora de cada persoa e apostan por condicións para aquelas empresas que queiran acollerse a un.

En canto ao teletraballo, defenden control e garantías sobre o dereito á desconexión dixital, á protección de datos e ao uso de internet e apuntan a que a empresa garantir reducións e adaptacións de xornada para a atención de persoas vulnerables.

Todo iso terá que financiarse a través de "un paquete de medidas fiscais" coa "creación dun imposto sobre os beneficios da banca e os activos financeiros", a "eliminación dos privilexios fiscais" das grandes empresas e desviando "partidas" destinadas a "gastos militares e da Casa Real" do PGE.

GASTAR SUPERÁVIT

Outra das forzas sindicais que se pronunciou sobre as medidas que deben adoptarse durante a desescalada foi UGT, que reclama "que non se dilaten as negociacións na administración local que estaban abertas" e que "o Goberno permita ás entidades municipais a gastar o superávit para superar esta crise".

UGT reprochou que os gobernos locais e sindicatos ten "medios telemáticos necesarios" para "poder renovar as negociacións" sobre Relacións de Postos de Traballo, convenios ou melloras de condicións de traballadores e que esta situación "non pode ser obstáculo" para levar a cabo estes trámites, "algúns con varios anos de antigüidade".

Tamén urxen aos concellos que os protocolos de desescalada sexan graduais, flexibles e garantan a seguridade e saúde aos traballadores e traballadoras das administracións locais "sen perigos".

Por outra banda, reclaman ao Goberno que permita a estas entidades "gastar o superávit" que posúen na veciñanza, os negocios e as persoas traballadoras dos concellos, xa que cren que "non se pode ter o diñeiro aí parado".

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Pool
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Pool

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta