Así controla Google como se moven os galegos durante o confinamento pola COVID-19

Liberou unha base de datos onde se pode ver que a mobilidade da poboación desde o inicio da pandemia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 07/05/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia
Gobernos e empresas privadas de todo o mundo están, coincidindo coa epidemia do coronavirus, liberando datos sobre movementos de usuarios de teléfonos móbiles co obxectivo de controlar as restricccións impostas para combatelo. Uns datos que amosan como cambiou a mobilidade da xente durante estes dous meses.

Cambios nos movimietos dos españois a tendas de alimentación durante a epidemia do coronavirus. EPDATA
Cambios nos movimietos dos españois a tendas de alimentación durante a epidemia do coronavirus. EPDATA | Fonte: Europa Press

Unha desas empresas é Google, que mantén unha base de datos actualizada sobre a mobilidade de usuarios cunha conta Google que teñen activadas as opcións de xeolocalización. Para iso, Google compara o número de desprazamentos e o tempo que os usuarios pasan en lugares como tendas de alimentación ou zonas residenciais en comparación con xaneiro e febreiro, cando non se declarou a epidemia.

Estes gráficos mostran o cambio do número de desprazamentos e tempo en cada lugar en Galicia para distintos tipos de lugares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta