En Marea insta a Feijóo a "rectificar" a proposta de desescalada e propón 14 áreas sanitarias

Critican que "durante o estado de alarma o presidente" da Xunta renunciase " ao autogoberno de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2020 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O deputado do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia e membro de En Marea Davide Rodríguez instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "rectificar" e "dividir o país en 14 áreas" sanitarias para entrar nas fases de desescalada, en lugar do sete actuais que reclama o Goberno galego.

Desde o Ministerio de Sanidade explicouse que a mobilidade dentro do territorio restrinxirase a criterios provinciais, pero a Consellería de Sanidade xa trasladou a súa proposta de establecer demarcacións por áreas sanitarias e permitir a mobilidade entre áreas que se atopan no mesmo nivel epidemiolóxico.

Ante isto, En Marea pediu este xoves que se teñan en conta 14 áreas sanitarias e non as sete que existen actualmente e lembra ao presidente galego que o seu Goberno cambiou en 2018 "a Lei de Saúde de Galicia para eliminar as áreas do Barco de Valdeorras, Monforte, A Mariña e O Salnés, facéndoas máis similares ás provincias".

Segundo o criterio do partido, a súa proposta permitiría "unha desescalada máis próxima á situación de cada territorio dentro de Galica", polo que esperan que o Goberno galego "reflexione e rectifique" para "acertar".

Desta maneira expresouse En Marea durante a mesma xornada que o presidente da Xunta comparece na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para dar conta aos grupos parlamentarios da xestión do estado de alarma, é a segunda vez que o fai desde que se decretou o primeiro estado de alarma, o pasado 14 de marzo.

Neste contexto, En Marea tamén reclama que se recupere o "exercicio pleno do autogoberno" a nivel autonómico e "urxen unha reflexión e reforma de institución dos estados excepcionais en canto sexa posible".

Na mesma liña, reivindicou unha concepción do estado de alarma "acorde á plurinacionalidad do estado", xa que cren que "a realidade plurinacional xustifica a individualización da resposta sociosanitaria e socioeconómica á pandemia".

O ex portavoz do grupo mixto e de En Marea, Luís Villares, ofrece unha rolda de prensa xunto ao parlamentario Davide Rodríguez
O ex portavoz do grupo mixto e de En Marea, Luís Villares, ofrece unha rolda de prensa xunto ao parlamentario Davide Rodríguez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta