Continúa aumentando o número de afectados por ERTE en Galicia que se achega aos 240.000

O Ministerio atribúe a acusada diferencia de datos coa Xunta sobre os ERTE ao "tempo de rexistro".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Galicia conta con 234.817 afectados en 36.011 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), segundo os datos da Xunta publicados este xoves. Esta cifra que ofrece o Goberno galego difire de forma significativa cos datos do Ministerio de Seguridade Social, que rebaixa a 165.038 os afectados por ERTE en Galicia --a data de 30 de abril--. Actualmente, un 4% dos ERTE presentados en Galicia están aínda pendentes, despois de que a Xunta resolvese o 96% dos que se presentaron na Comunidade.

Por provincias, Pontevedra segue á cabeza en traballadores afectados, con 82.649, en 12.623 ERTE. Séguelle A Coruña, con 65.740 empregados en 13.925 expedientes; Ourense, con 17.995 en 4.273; e Lugo, con 15.402 en 4.149.

Ademais, hai 32.397 traballadores en expedientes estatais con repercusión en Galicia, así como 20.634 en 1.041 de servizos centrais autonómicos.

Paro, Parados Empleo, Desempleo, Trabajo, INEM, Seguridad Social, Autónomo
Paro, Parados Empleo, Desempleo, Trabajo, INEM, Seguridad Social, Autónomo

DIFERENCIAS NOS DATOS ENTRE MINISTERIO E XUNTA

O Ministerio de Seguridade Social informou esta semana de que en Galicia había a data de 30 de abril un total de 165.038 afectados por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), unha cifra que difire de forma acusada cos datos que ofrece diariamente a Xunta. De feito, o Goberno galego indicou ese día que había 230.668, é dicir, 65.630 persoas máis.

Consultado por Europa Press acerca desta diferenza significativa, o Ministerio de Seguridade Social explica que se debe "fundamentalmente ao tempo de rexistro", xa que o cómputo da Xunta está máis actualizado e o do Ministerio ofrece unha imaxe "anterior" ao existir "un decalaxe duns días".

Isto explícase porque cando unha empresa presenta un ERTE, faino ante as autoridades autonómicas, que dan luz verde e o remiten ao Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE), organismo dependente do Ministerio de Traballo.

O SEPE rexistra así que estas persoas están en ERTE de cara a recoñecerlles unha futura prestación. E unha vez que o SEPE tenos inscritos, pasa os datos ao Ministerio de Seguridade Social para que se apliquen os beneficios que teñen nas cotizacións sociais as persoas que están nun expediente de regulación.

OS DATOS CONVERXERÁN

De tal forma, o Ministerio de Seguridade Social aclara que "o proceso de inscribir leva uns días" e este desaxuste "é simplemente por unha cuestión de rexistro". Por iso, tanto as súas cifras como as do Goberno galego "tenderán a converxer ao final do período".

Así mesmo, sinala que nalgunhas comunidades as cifras a peche de abril "son moi parecidas" ás que publican algunhas administracións autonómicas, pero "noutros casos foi un proceso máis lento". "Probablemente se publicásemos os datos de hoxe serían máis parecidos aos da Xunta", agregan estas mesmas fontes do Ministerio de Seguridade Social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta