Temas: MUGARDOS MORTE

Recuperan da auga o corpo sen vida dun home en Mugardos

Era veciño desta localidade e acudira á enseada de Santa Lucía para comprobar o estado da súa lancha.

Por Europa Press / Redacción | Mugardos | 07/05/2020 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun home veciño de Mugardos (A Coruña) foi recuperado á primeira hora da tarde deste xoves, 7 de maio, cando se atopaba a uns cinco metros da costa na enseada de Santa Lucía, neste mesmo municipio da comarca de Ferrolterra, na zona por onde se accede a varias das embarcacións que se atopan alí amarradas.

Salvamento Marítimo.
Salvamento Marítimo.

A voz de alarma deuna un veciño da zona ao redor das 14,40 horas deste xoves, cando se puxo na central de emerxencias do 112, que mobilizou a Salvamento Marítimo.

Unha embarcación de Salvamento desprazouse á zona e púxose o incidente en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia, GES, Policía Local e Protección Civil de Mugardos, Garda Civil e 061-Urxencias Sanitarias de Galicia.

Segundo os primeiros indicios, o home acudira ao lugar para comprobar o estado no que se atopaba unha lancha da súa propiedade. O corpo foi trasladado ao Hospital Naval de Ferrol, onde se realizará a autopsia.

Temas: MUGARDOS MORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta