Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/05/2020 | Actualizada ás 13:00
As curtametraxes galegas 'Limbo', de Daniel Viqueira, 'Beautiful boy' de Fran X. Rodríguez, e 'El gran Corelli' de Abel Carbajal, foron nomeados aos Premios Fugaz 2020, que foron presentados nas últimas horas, nun acto virtual emitido por redes sociais.
Entre os nomeados nas 19 categorías que se recoñecen nestes galardóns, o curto 'Limbo' (unha historia de violencia nunha familia que vive nunha granxa illada), opta aos premios a Mellor Dirección Novel, Mellor Montaxe, Mellores Efectos Visuais, Mellor Maquillaxe e Barbaría, e Mellor Son.
A curtametraxe 'Beatiful Boy (neno bonito)' de Fran X. Rodríguez, unha comedia negra sobre a importancia da pegada que deixamos no mundo, opta aos premios a Mellor Guión e Mellor Montaxe. Mentres, 'El gran Corelli', que conta a historia dun exitoso mago que fracasa na actuación máis importante da súa vida, opta aos premios a Mellor BSO e Mellor Animación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.