Pontón a Feijóo: "acertar é vital para non botar pola borda o esforzo"

Defende o reparto gratuíto de máscaras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "non se poña de perfil" e que "acerte nas medidas", para "non tirar pola borda todo o esforzo destas durísimas semanas" que fixo a poboación. "Hai moito en xogo e non por moito correr, se chega antes", advertiu.

Así, reclamou "medidas" para afrontar "con máximas garantías a fase de desconfinamiento", a unhas horas de que, se así se autoriza, Galicia poida emprender unha nova fase de desconfinamiento. "Non pode porse de perfil nin botar balóns fóra", aseverou.

O BNG propón a repartición "masiva" e "gratuíta" de máscaras, porque "está demostrado que é un elemento que protexe do contaxio"; e un plan de "rastrexo do virus" con persoal sanitario específico e con "formación suficiente", posto que o de atención primaria non debe "sobrecargarse" máis con esta tarefa.

Así mesmo, reclama un investimento de 200 millóns de euros para atención primaria, posto que será a "punta de lanza para loitar contra o virus" na desescalada.

"Feijóo ten que facer a parte que lle corresponde", insistiu Ana Pontón nunhas declaracións a unhas horas de coñecer se Galicia pasa de fase. "É vital acertar para non estragar o esforzo da cidadanía durante estas durísimas semanas. Non podemos arriscarnos a perder o esforzo porque o Goberno de Feijóo non tome medidas", sentenciou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns 20 de abirl, en plena pandemia polo covid. BNGº
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa este luns 20 de abirl, en plena pandemia polo covid. BNGº

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta