O famoso estudo epidemiolóxico con 100.000 test da Xunta podería quedar en nada

A Xunta podería paralizar a segunda fase se se confirman erros na primeira. Anuncia que "cruzarán" os datos obtidos con "máis de 5.000 pacientes" aos que se lle fixeron probas con outras probas de dobre banda. Algúns médicos piden xa a retirada do estudo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á espera dos resultados do estudo epidemiolóxico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), cuxa primeira fase finaliza este venres, destacou que, para "reforzar" a súa fiabilidade, optouse por "cruzalo" con outra mostra con máis de 5.000 pacientes aos que se lles practicou a proba do coronavirus con test distintos. Colectivos médicos pediron xa a paralización deste estudo pola súa pouca fiabilidade.

"O estudo ímolo a parar porque finalizou a súa primeira parte", sinalou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, tras ser preguntado acerca das queixas de profesionais médicos que pon en cuestión os seus resultados. Neste sentido, insistiu en que o test usados para este estudo son os que no seu día trasladou o Goberno central en que, aínda que "non valen para diagnóstico", si estarían acrediatos para determinar, desde unha perspectiva epidemiolóxica, a "orde de magnitude de circulación do virus" na Comunidade.

Ademais, a preguntas dos xornalistas, Feijóo ratificou que se tomou a decisión de "cruzar ese estudo" con outra mostra de máis de 5.000 pacientes "aos que se lles fixo un test de dobre banda, que é máis fiable".

Agora, apelou por ver os resultados da primeira onda do estudo, comprobar se hai "disfuncións" entre o test cedidos polo Goberno e os que usará a Comunidade no futuro. A partir deste momento, decidiranse os pasos a dar para a segunda fase, de acordo coa previsión inicial, onde xa se prevía esperar unhas semanas.

TRATAR OS DATOS

Pola súa banda, o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, ratificou, en declaracións na Radio Galega, recollidas por Europa Press, que, unha vez concluído o estudo este venres, esperan ter en "dous ou tres días" os resultados. Por iso, preferiu "non avanzar resultados" porque dispoñen de "datos brutos" para elaborar agora "o estudo epidemiolóxico".

CAPACIDADE DIAGNÓSTICA "MOI POTENTE"

Por outra banda, Feijóo ratificou que os 400.000 novos test doados por Inditex xa están comprados --e 100.000 xa en mans do Sergas--, e tamén aludiu ao proxecto de 'pooling' anunciado este mércores, que permitirá facer test masivos a poboación homoxénea, antes de incidir en que Galicia se está dotando dunha capacidade diagnóstica "moi potente".

Reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta