Feijóo ve "sorprendente" que Celaá propoña aulas con 15 alumnos e pide que se fale coas comunidades autónomas

Critica que "o único" que sabe a Xunta respecto diso sexan "titulares de entrevistas na prensa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo este venres que ve "sorprendente" que a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, poña enriba da mesa que a partir de setembro as clases iniciaranse con aulas duns 15 alumnos mentres o resto seguen o curso telematicamente.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

Feijóo pediu á titular de Educación que convoque ás comunidades autónomas para "falar dun tema tan serio". "Está prevista unha reunión a próxima semana", confirmou a continuación o presidente, tal e como llo comentou a conselleira de Educación, Carmen Pomar.

O mandatario galego criticou que "o único" que sabe a Xunta respecto diso sexan "titulares de entrevistas na prensa", motivo polo cal urxiu á convocatoria desa reunión.

Ademais, preguntado sobre a modalidade non presencial para a finalización do ano escolar aínda vixente, Feijóo dixo "comprender todas as inquietudes dos pais e nais", que están "preocupados por se os seus fillos teñen coñecementos suficientes para pasar de curso".

Tras lembrar que as notas do curso actual se porán coa referencia da primeira e a segunda avaliación, o presidente da Xunta lamentou a "evidente" falta de "coordinación" do Goberno central, que "deixa a cada comunidade autónoma que faga o que considere oportuno, mesmo a cada centro educativo".

Así, defendeu que "dentro desa orde ministerial do mando único", a Administración galega tratou de "perfilar e dar máis datos e un parámetro un pouco máis adecuado aos profesores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se nesta crise todos aprendemos que os nosos sanitarios carecían de medios de protección contra o virus, agora imos descobrir que os nosos profesores están en pelotas e son os primeiros que padecer a fenda dixital (?) Pero tranquilos, sempe hai solución, dende sobresaliente a aprobado xeral existen varias fases de desescalamento !!! A Ministra Celaá seguro que publica unha táboa cos baremos precisos para cualificar aos rapaces segundo os criterios da Autoridade Unica !!! Canto máis analfabetos mellor se Goberna!