Temas: CRISE CIG

A CIG ve no pacto social unha "nova reforma laboral" que será "máis dura e agresiva" contra traballadores

A central nacionanlista rexeita o acordo entre o Goberno, CEOE, UGT e CC.OO.: "É un cheque en branco para o empresariado".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/05/2020 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A Central Intersindical Galega (CIG) mostrou o seu rexeitamento ao pacto social alcanzado este venres entre o Goberno, a patronal e os sindicatos CC.OO. e UGT, pois considera que se trata dunha "nova reforma laboral" que outorga "un cheque en branco para que o empresariado fago o que lle dea a gana".

Paulo Carril
Paulo Carril | Fonte: CIG.

Tras coñecerse o preacordo entre sindicatos, CEOE e o Executivo central, a CIG emprazou a coñecer en detalle o contido do pacto aínda que di que, o publicado sobre o mesmo, revela que se trata dunha "auténtica e nova reforma laboral que en lugar de derrogar as anteriores, senta as bases dunha versión máis dura e agresiva conra a clase traballadora".

En palabras do secretario xeral da CIG, Paulo Carril, a central nacionalista oponse ao acordo , que "non garante os ingresos das familias e o mantemento ou recuperación do emprego para os traballadores afectados, sexan indefinidos ou temporais".

"Esta é a primeira manifestación da renovación dos Pactos da Moncloa, unha reedición do Pacto Social con todo o que significa de imposición de políticas laborables inxustas, anti-obreiras e de centralismo", manifestou Carril, que cre que se reedita o "discurso" da crise do 2008, cando, di, se vinculou "salvar á banca" como vía para "salvar á economía" e "xustificar o roubo e saqueo á calse traballadora".

Agora, mantén o líder sindicalista, coa pandemia de coronavirus "a versión é salvar ás empresas para garantir o emprego". "Cando será a hora de salvar á clase traballadora? Sempre se actúa na dirección de salvar o capital, as grandes empresas, sen que asuman ningún compromiso nin de emprego nin de manter os salarios", remarcou.

Temas: CRISE CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta