Santiago autoriza os hostaleiros a ampliar as súas terrazas e pecha ao tráfico varias rúas

Queda restrinxida a circulación nas rúas Xeneral Pardiñas, República do Salvador e Alfredo Brañas durante o fin de semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2020 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago emitiu ese venres un decreto de Alcaldía polo que a partir deste luns, día de entrada na fase 1 da desescalada, autorizarase aos establecementos hostaleiros a ampliar as súas terrazas para que poidan retomar a súa actividade co cumprimento das preceptivas medidas de seguridade.

En declaracións aos medios, a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou que "é necesario seguir adoptando medidas para reactivar" a economía da capital galega pero "sen pór en risco a saúde" dos veciños.

E é que coa entrada na fase 1, como ocorre en toda Galicia, o Goberno permite a apertura de terrazas de bares e restaurantes, pero co aforamento ao 50% e cunha ocupación máxima permitida de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas, entre outras condicións.

Neste sentido, a concelleira compostelá subliña que as mesas permitidas por cada local serán a metade do total que ten estipulado na licenza do 2019. Ademais, a distancia entre elas debe ser de dous metros, a mesma que deben gardar cos paseos de tránsito peonil e coas entradas a vivendas e a locais comerciais.  Estas medidas tendran unha vixencia de catro meses, "prorrogables en función da volución da crise sanitaria provicada polo coronavirus", concretou a edila.

"A medida xa está en vigor desde onte (venres) e tómase co obxectivo de beneficiar a un sector, o da hostalaría e restauración, esencial na actividade económica da cidade, fonte de riqueza e xeración de emprego", subliñou Rosón sobre este decreto, que será ratificado o luns pola xunta de goberno local.

PEONALIZACIÓN DE TRES RÚAS

Así mesmo, o Concello emitiu un bando para que se pechen ao tráfico as rúas Xeneral Pardiñas, República do Salvador e Alfredo Brañas xa desde o mediodía deste sábado e ata a medianoite do domingo ao luns.

Durante este mesmo período, tan só estará autorizado o tránsito de vehículos para acceder a garaxes ou aparcadoiros públicos. O estacionamento nestas rúas non estará permitido.

O peche destas vías terá o obxectivo de facilitar a mobilidade da cidadanía á vez que se evitan contaxios. Deste xeito, os cidadáns deberán transitar polas beirarrúas dereitas.  Esta medida afectará tamén as liñas 5, C11 e P6 do autobús urbano, que modificarán os seus traxectos.

Mesas e cadeiras de terrazas recollidas en Santiago de Compostela.. CONCELLO - Arquivo
Mesas e cadeiras de terrazas recollidas en Santiago de Compostela.. CONCELLO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta