Acusan a Xunta de dilapidar cartos públicos na crise do coronavirus con fins electorais

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública critica os recursos destinados para un estudo epidemiolóxico que pode ser non efectivo e tamén o millón de euros destinados a repartir máscaras co logo da Xunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/05/2020 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública critica duramente á Xunta por utilizar cartos públicos con "fins electorias", tanto pola realización do estudo epidemiolóxico como no reparto de máscaras co seu logo.

Máscaras co logo da Xunta
Máscaras co logo da Xunta | Fonte: remitida

Así, nun comunicado denuncia as eivas do estudo epidemiolóxico realizado pola Xunta, denunciadas por varios colectivos médicos. Unha situación que obrigou ao Sergas a reformular o seu propio estudo. Por iso, esta entidade di que a enquisa non responde a un deseño estatístico “serio e eficiente”, xa que un numero moi inferior de probas sería estatísticamente suficiente para coñecer a extensión da infección entre a poboación.

A enquisa sobrecargou aínda máis a actividade dos Centros de Atención Primaria, especialmente do persoal de  enfermaría”, critica ao tempo que di que este estudo supón “un gasto innecesario” nun momento de grave crise sanitaria e económica que debería obrigar a concentrar os esforzos e o gasto nos problemas de saúde máis importantes,  “como é a enorme mortalidade nas Residencias de Maiores en mans de fondos de investimento multinacional e organizacións dalgúns grupos eclesiais”.

Neste sentido,  a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que mentres se realizaban a cabo “de maneira innecesaria” estas miles de probas, unha boa parte do persoal sanitario segue sen realizalas,  “poñendo así en risco a saúde de pacientes e a actividade dos centros”.

“Rexeitamos esta basta utilización dunha gravísima crise sanitaria e social, coa única finalidade de obter réditos electorais. Resulta indignante e patético que a Xunta de Galicia gastara máis dun millón de euros para poñer o seu logotipo a unhas máscaras que se reparten á poboación”, conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Fanheca

As máscaras agora son "máiscaras".

1 Xan o Galego

algo que comentar cos centos, o mais ,dos millons de euros tirados polo Goberno Central?

1 Tino

troll de garda defendendo a corrupción galega. Normal