O IGE comezará a analizar a próxima semana a primeira quenda do estudo epidemiolóxico do Sergas

Sanidade traballa na posta en marcha da segunda onda de test que levará acabo para completar este estudo, acerca de cuxa eficacia existe controversia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2020 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Estatística (IGE) comezará a analizar a próxima semana a primeira onda de 50.925 test do estudo epidemiolóxico do Sergas na Comunidade para sacar conclusións sobre a circulación do virus por Galicia.

Despois de que se concluíra esta primeira fase, o Sergas xa empezou a traballar na preparación da segunda onda de test que achegará outras 50.925 probas á cidadanía dentro dunhas catro semanas. 

O departamento sanitario galego avanzou que persegue tres obxectivos: coñecer a incidencia do virus de acordo ao sexo, idade e territorio; profundar na monotorización e evolución do coronavirus en Galicia e así adoptar medidas sanitarias máis adecuadas para combater a pandemia.

Por outra banda, o Sergas precisou que na primeira fase foi necesario contactar con 61.836 persoas. Un 49,19% foron mulleres e un 50,81% foron homes. O 15,84% dos participantes foron menores de 19 anos, o 58,59% tiñan entre 20 e 64 anos e o 25,28% eran maiores de 65.

TEST AVALADOS

A pesar de que existen voces críticas -tanto sanitarias como políticas- ao estudo epidemiolóxico da Xunta, a Consellería asegurou que os test anticorpos utilizados para este traballo, que son os que enviou o Goberno central á Comunidade, teñen o aval do Centro Nacional de Microbioloxía e do Instituto de Saúde Carlos III do Ministerio de Sanidade.

Ademais, a OMS recomenda este tipo de test rápidos só para estudos poboacionais e descártanos para un diagnóstico, algo co que coincidiu a Comisión de Expertos da Xunta o pasado 8 de abril.

A Xunta tamén subliñou que este tests dispoñen do marcado CE, o requirimento de homologación europeo, e obtiveron un valor de sensibilidade do 64% cando non se coñece a súa data de inicio que aumenta ao 80% a partir dos 7 días de infección.

Unha persoa sométese a un test rápido de COVID-19. H.BILBAO - EUROPA PRESS
Unha persoa sométese a un test rápido de COVID-19. H.BILBAO - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta