Ferido un home que queimou as mans cando tentaba sufocar un incendio na súa vivenda en Narón

Esquecera unha tixola ao lume, que foi a que orixinou as chamas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2020 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido e tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia despois de queimar as mans cando tentaba sufocar un incendio que se orixinou na súa vivenda.

Os feitos ocorreron na localidade coruñesa de Narón, preto das 23,30 horas da noite do sábado, cando un veciño do ferido alertaba ao 112 do ocorrido.

Segundo puideron precisar os servizos de emerxencias do 112 Galicia, a persoa trasladada esqueceu unha tixola ao lume e esta causou o incendio. Ao tentar apagar as chamas queimouse e resultou ferido.  Ademais, a campá extractora da cociña tamén sufriu danos, pero o resto da vivenda -situada na rúa Río Landro- non reviste prexuízos.

Os servizos de emerxencias foron os responsables de pór a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Narón e da Policía Local para acudir ao lugar.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta