O BNG urxe a repatriación de galegos atrapados no estranxeiro polas restricións da COVID-19

Néstor Rego pídelle ao Goberno que "interceda" ante os diferentes países para traer de volta a eses cidadáns que están "illados, sen que a embaixada española lles preste auxilio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2020 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxiu ao Goberno do Estado a repatriar aos galegos que se atopen atrapadas no estranxeiro como consecuencia das restricións da pandemia da COVID-19.

A través dun comunicado, Rego relata que recibiu esta semana mensaxes alertando da situación de galegos que se atopan "illados en diferentes países, sen que a embaixada española lles preste auxilio". Por iso, o deputado nacionalista pide ao Estado que "facilite os medios oportunos" e que "interceda" ante os gobernos deses países para que os cidadáns poidan ser repatriados.

Segundo asegura Rego, entre os atrapados atópanse "persoas enfermas, familias separadas, embarazadas e moita xente que pode perder o seu emprego se non volve canto antes". "É deber do Goberno central e do Ministerio de Asuntos Exteriores axudar os cidadáns que se atopen en estado de necesidade no estranxeiro e que deben colaborar e facilitar os medios e recursos que posibiliten o seu retorno salvagardando así a súa seguridade", insiste.

O deputado de BNG, Néstor Rego, intervén no pleno do Congreso este mércores onde se autorizará outra prórroga do estado de alarma solicitada polo Goberno. En Madrid, (España), a 6 de maio de 2020.. Pool
O deputado de BNG, Néstor Rego, intervén no pleno do Congreso este mércores onde se autorizará outra prórroga do estado de alarma solicitada polo Goberno. En Madrid, (España), a 6 de maio de 2020.. Pool | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta