Feijóo evita falar sobre a súa amistade "ancha e estreita" co narco Marcial Dorado

"Desde o 2013 levo contestando preguntas sobre esta cuestión e se levo sete anos dando respostas non me sorprende que haxa novas preguntas", foi a súa resposta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2020 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A sombra do narco Marcial Dorado segue sendo alongada. Tanto que, novamente, volve ser noticia. Como noticia é a relación que tivo co presidente galego durante os anos noventa. Dorado foi entrevistado por Jordi Évole e falou desta relación con Feijóo. En varias ocasións, o líder do PPdeG negou que tivera unha estreita amistade co narco. "Si duermes en mi casa, si mi mujer te hace el desayuno... ¿Eso amistad ni es estrecha, ni ancha?", respóndelle na entrevista Dorado.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

Referiase a uns declaracións de Feijóo que dixo que a súa relación con Dorado "nin era estreita, nin ancha". Galicia Confidencial volveulle preguntar este domingo ao presidente galego por esta amistade. "Hoxe sae a entrevista de Jordi Évole ao ex narco Marcial Dorado que di que durmiu na súa casa e a súa muller fíxolle almorzos. Supoño que dirá que este tema non lle interesa pero mantén que non tivo unha amistade estreita e ancha con este señor?", preguntou na rolda de prensa posterior á xuntanza que mantivo cos presidentes autonómicos e con Pedro Sánchez.

"Desde o 2013 levo contestando preguntas sobre esta cuestión e se levo 7 anos dando respostas non me sorprende que haxa novas preguntas. Que revisen todas as preguntas sobre este tema todos estes anos", foi a escueta resposta que deu Feijóo a este medio esquivando a súa relación co narco galego.

'Lo de Évole' repasou a historia de Dorado, que se enriqueceu nos setenta grazas ao contrabando de tabaco. Tras evitar a condena en varios procesos xudiciais, en 2009 foi condenado a 19 anos de cárcere por narcotráfico, branqueo e suborno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta