Convocan este xoves dous minutos de silencio polos sanitarios falecidos con COVID-19

Será ás 12.00 horas, nos exteriores dos centros sanitarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A delegación galega da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) convocou este xoves ás 12,00 horas dous minutos de silencio en recordo dos ao redor de 50 profesionais sanitarios falecidos con COVID-19.

Traballadoras de Sanidade
Traballadoras de Sanidade | Fonte: © Miguel Núñez.

CESM chama aos traballadores da sanidade a concentrarse ás portas dos seus centros durante dous minutos na mañá do xoves para homenaxear aos seus compañeiros que perderon a súa vida tras contraer o coronavirus mentres exercían a súa profesión.

Así, co inicio da desescalada, o sindicato incide en que o colectivo sanitario pagou unha "importante factura" da crise pondo a saúde da cidadanía por enriba da súa e sacrificando tamén as súas relacións familiares durante os últimos dous meses.

Lembran que o número de infectados roza os 50.000 en toda España, que presenta cunha taxa do 20% a máis alta de toda Europa.

As concentracións convocadas para o xoves van acompañadas dunha campaña lanzada en redes sociais que baixo as consginas '#UnSilencioYUnaPalabra', '#HomenajeSanitario' e '#NiUnFacultativoMenos' lembrarán o traballo do colectivo sanitario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta