Os autónomos poderán formarse en comercio electrónico mediante o programa Autónomos Dixitais

Esta iniciativa forma parte das medidas deseñadas dentro do plan de reactivación económica posto en marcha pola Administración galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha un programa "pioneiro" en Galicia para formar a uns 1.200 autónomos en comercio electrónico e novos canles 'en liña'. Os interesados poderán solicitar a súa praza ata o próximo 22 de xullo a través da páxina https://www.autonomosdixitais.com.

Segundo informa a Xunta, son dous cursos de 50 horas lectivas cada un que terán lugar todos os xoves a partir do 21 de maio. O último comezará o 23 de xullo, xusto un día despois do peche do prazo de inscrición.

Esta iniciativa, denominada 'Autónomos dixitais', forma parte das medidas deseñadas dentro do plan de reactivación económica posto en marcha pola Administración galega.

Tal e como subliña a Xunta, xa foi presentada ás asociacións de autónomos "máis representativas" de Galicia (Agtamar-UPTA, APE e ATA) e complementa as axudas da compra de equipos dixitais para "impulsar un cambio de tendencia" entre os traballadores por conta propia.

O programa ofrece dúas accións formativas 'en liña' de 50 horas centradas na mellora de habilidades de xestión loxística, en 'mercadotecnia', en venda por Internet e en creación de tendas virtuais.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta