O PSdeG acusa á Xunta de esquecer ao sector da cultura

Considera "insuficiente e ineficiente" o plan de reactivación cultural presentado polo conselleiro de Cultura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou de "insuficiente e ineficiente" o plan de reactivación cultural anunciado pola Xunta de Galicia, xa que "non se concretan medidas" para un sector que precisa "axudas directas, liquidez e incentivos", ademais dunha planificación para que poidan celebrarse eventos con seguridade nos próximos meses.

Así se pronunciou, segundo recolle un comunicado dos socialistas galegos, tras manter unha reunión coa Coordinadora galega de festivais de cinema, plataforma que agrupa aos organizadores de eventos como o Festival de Cans, Play-Doc ou Curtocircuíto.

Para Caballero, o plan avanzado pola Xunta e que será presentado o mércores polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, en comparecencia ante a Deputación Permanente "non se concreta en medidas que permitan avanzar ao conxunto dos sectores da cultura galega".

Así, o líder dos socialistas galegos fíxose eco do "malestar" trasladado polo sector respecto da "mala xestión" da Administración autonómica respecto ao mundo da cultura e que, segundo Caballero, resúmese en que "o conselleiro leva máis dun mes facendo que fai".

Por iso, reclamou a posta en marcha de "un auténtico plan de acción e de apoio á cultura e as industrias culturais galegas" que pase por "axudas directas, liquidez e incentivos", ademais de planificación para que poidan desenvolverse eventos ao longo do verán con "seguridade".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Carallo mira quen vai falar de CULTURA ! Será porque en Vigo disfrutamos dunha chea cultural dende que o Caudillo local lle regalou á Carmela o edificio que tiña que ser destinado a Museo Fotográfico para que fixera os seus "aquelarres electorais" (?) https://flic.kr/p/pajsAM Por non falar do MARCO https://flic.kr/p/NjeVNh O virus produce efectos estranos nalgunhas cabezolas !!!