A banca ética, un modelo económico para crear emprego solidario en tempos de crise

A Banca Ética Fiare conta con máis de douscentos socios en Galicia e axudou a crear 10.000 postos de traballo cos proxectos financiados.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

O consello de administración de Banca Ética Fiare en España anunciou que o ano 2019 pechou con beneficios que superaron os seis millóns de euros.  Son os máis altos da historia deste grupo que opera tanto no estado español como en Italia.

Banca Ética Fiare
Banca Ética Fiare | Fonte: Fiare

Este modelo de banca funciona baixo o sistema de cooperativa que en España suma 40.000 socios. O número de persoas socias en Galicia son 250, a maioría delas, segundo informa  a entidade a Galicia Confidencial, arredor da área de Vigo. Estas persoas participan en financiar proxectos con impacto social ademais de que cada unha delas ten voto nas asembleas da cooperativa.

Entre as iniciativas desenvolvidas en Galicia cóntanse "desde asociacións como Manaia de familias de adopción, proxectos de produción agroecolóxica, algunha escola, e entidades de economía social, sobre todo pertencentes a Espazocoop".

O primeiro informe destaca que cos créditos concedidos creáronse case 10.000 postos de traballo cos proxectos financiados, así como crear empresas das que o 28% están lideradas por mulleres. Os empréstitos a mulleres foron o 44% do total e o 20% a cidadáns estranxeiros.

Entre outros proxectos figura a potenciación do mercado de proximidade, máis proxectos medioambientais e dar a coñecer a banca ética a un maior número de persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta