A patronal galega celebra o acordo para prorrogar os ERTE

Celebrará un encontro telemático co presidente da Xunta e representantes de UGT e Comisións Obreiras este mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou o acordo asinado o pasado luns entre o Goberno, CEOE, Cepyme e os sindicatos CC.OO. e UGT polo que, entre outras cuestións, se prorrogan os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) ata o 30 de xuño.

O acordo, que recibiu luz verde por parte do Congreso de Ministros este martes, é valorado desde a patronal galega como "paso importante para ampliar a protección de persoas traballadoras e empresas que evita que estes procedementos temporais decaian ante un eventual fin do estado de alarma".

A CEG tamén destaca a creación a nivel estatal dunha comisión a tres bandas entre Goberno, sindicatos e patronal que se reunirá o segundo mércores de cada mes para abordar a situación do tecido empresarial e laboral durante as próximas semanas.

A patronal galega está convocada a participar este mércores nun encontro telemático co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e representantes de UGT e Comisións Obreiras en Galicia.

Cámaras termográficas e control no acceso de traballadores á planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo, como medida de prevención ante a pandemia de coronavirus. PSA PEUGEOT CITROËN VIGO
Cámaras termográficas e control no acceso de traballadores á planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo, como medida de prevención ante a pandemia de coronavirus. PSA PEUGEOT CITROËN VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta