Investigadores galegos deseñan modelos para anticiparse á expansión da COVID-19

Este proxecto, no que participan expertos da USC, a UVigo ou o CSIC, conta xa con financiamento do Instituto de Salud Carlos III.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Un estudo coordinado por investigadores galegos ofrecerá modelos preditivos que permitirán anticiparse á expansión e a incidencia da COVID-19. Este proxecto, no que participan expertos da USC, a UVigo ou o CSIC, conta xa con financiamento do Instituto de Salud Carlos III.

O obxectivo do estudo 'Predico' é ofrecer unha solución a un dos problemas aos que se enfrontan os modelos coñecidos, como é a fiabilidade dos datos dispoñibles polas dificultades nos mecanismos de detección e a abundancia de casos asintomáticos por coronavirus.

Segundo explicou o catedrático Jorge Mira, o equipo de investigadores busca predicir o número de unidades de coidados intensivos necesarias para evitar a saturación dos centros, mediante unha estimación de persoas infectadas.

Para iso, utilizarán modelos baseados en sistemas de ecuacións diferenciais, serviranse do chamado Modelado Dinámico Empírico e analizarán a Rede Social Española.

Así, modelaranse os infectados asintomáticos como os chamados 'superpropagadores', é dicir, persoas que diseminan a enfermidade entre unha gran cantidade de xente para buscar as intervencións adecuadas e lograr unha redución da propagación.

Investigador nun laboratorio. MINISTERIO DE CIENCIA - Arquivo
Investigador nun laboratorio. MINISTERIO DE CIENCIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta