As viaxes en bus, tren e avión afundíronse en marzo

O impacto do coronavirus foi de 15 días ese mes, pero nese tempo o número de viaxes caeu máis da metade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 2,7 millóns de viaxeiros en marzo, o que supón un 47% menos que un ano antes, no primeiro mes do estado de alarma polo coronavirus.

Con todo, este retroceso supón o segundo menor entre as comunidades, só con Canarias cunha caída menos acusada (-47,1%). A media está en España no 54,1% de diminución. O maior descenso prodúcese en Asturias (-56,8%).

A entrada en vigor do decreto do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 fixo que moitas empresas pechen ou reduzan a súa actividade, a partir desa data, o que dificultou os contactos do INE coas mesmas.

Segundo explica o INE nunha nota informativa, a taxa de resposta foi "moi aceptable" e situouse nun 81,9%, lixeiramente inferior á do mes de febreiro (84,2%).

Doutra banda, no conxunto de España, o número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do país afundiuse un 59,8% en marzo respecto ao mesmo mes do ano anterior, tras decretarse o estado de alarma pola crise sanitaria, mentres que os que elixiron os trens AVE esborralláronse un 57,2%.

Autobús urbano en Santiago durante o estado de alarma. Bus, covid
Autobús urbano en Santiago durante o estado de alarma. Bus, covid | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta