Galicia cada vez máis cerca das 600 mortes pola COVID-19 despois dun falecemento na Coruña

Durante as últimas horas faleceu unha muller de 86 anos de idade diagnosticada con coronavirus. Con ela xa son 598 mortes.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/05/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O número de falecidos con coronavirus en Galicia elevouse a 598 (466 en atención hospitalaria e 132 dentro das residencias de maiores), tras a morte dunha muller na área sanitaria da Coruña, segundo informaron este mércores fontes da Consellería de Sanidade.

Así, Sanidade trasladou que, nas últimas horas, faleceu unha muller de 86 anos de idade, diagnosticada con coronavirus, que estaba a ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), e que padecía patoloxías previas.

Con este último falecemento notificado, o número de mortes rexistradas en atención hospitalaria sobe a 466: 125 na área sanitaria da Coruña, 98 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 80 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

A estas defuncións hai que sumar as 132 rexistradas ata agora dentro das residencias de maiores, aínda que este mércores e por sexto día consecutivo, Sanidade trasladou que non houbo falecidos en residencias nas últimas horas.

En todo caso, hai que ter en conta que, dos falecidos en atención hospitalaria, hai 137 persoas que estaban vinculadas con centros residenciais (e que morreron en hospitais ou en residencias integradas). A ese respecto, os falecidos relacionados con residencias son 269, o que supón case o 45 % do total de vítimas mortais do coronavirus en Galicia.

FALECIDOS EN RESIDENCIAS

Desde que se iniciou a pandemia, morreron 22 usuarios na residencia DomusVi de San Lázaro, 21 na nosa Señora da Esperanza (Ourense), outros 20 na DomusVi de Cangas, 12 na residencia DomusVi de Barreiro(Vigo), 9 no Portazgo (A Coruña), 8 en DomusVi Matogrande, 8 en Remanso Claudina-Somoza, e 7 en Santa Teresa Jornet.

Así mesmo, informouse da morte de 5 usuarios na residencia de Moledo (Vigo), e 3 nas Fragas de Pontedeume, os mesmos que en San Pedro de Crecente, en DomusVi Concepción Arenal (A Coruña) e na residencia Divino Mestre de Ourense.

Finalmente, nas residencias Fogar Bellolar, Castro Caldelas, Caser A Zapateira (Culleredo), San Carlos de Celanova, residencia de Foz, A nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras), San José de Ourense e Fundación José Otero de Santiago, notificouse unha morte en cada unha delas.

Evolución de casos de coronavirus en Galicia ata o 13 de maio de 2020, segundo datos do Ministerio de Sanidade.. EP DATA
Evolución de casos de coronavirus en Galicia ata o 13 de maio de 2020, segundo datos do Ministerio de Sanidade.. EP DATA | Fonte: Europa Press

INFECTADOS EN RESIDENCIAS

O número de usuarios de residencias de maiores con coronavirus descendeu ata 222, tras rexistrarse 24 altas nas últimas horas, segundo informou a Consellería de Política Social, que tamén trasladou as altas de preto dunha trintena de traballadores de centros xeriátricos.

Segundo os datos traslados este mércores (en base á información remitida polas propias residencias a última hora do martes), hai 222 usuarios de residencias de maiores con coronavirus, así como 152 traballadores afectados (29 menos que os notificados no último balance).

Entre as altas, o maior número de residentes curados correspóndense ao centro O Portazgo da Coruña, con 9 usuarios recuperados; seguido polas residencias DomusVi de San Lázaro, con 6 altas; e a residencia Claudina-Somoza, con 5 altas.

No balance de Política Social, a residencia DomusVi do barrio vigués de Barreiro figura como o centro con maior número de maiores con coronavirus, unha trintena, aínda que a empresa informou a Europa Press de que os resultados das últimas probas coñecidos este mércores reducen ese número ata 8. Entre os centros xeriátricos con máis usuarios afectados segue o de Santa Teresa Jornet da Coruña (26 casos), a residencia San José Hermanitas de Ourense (23 casos), e a de DomusVi en Cangas (20 casos).

Desde que se iniciou a pandemia faleceron en residencias de maiores 132 persoas, ás que se suman outras 137 persoas que, aínda que estaban vinculadas con centros residenciais, faleceron en hospitais ou residencias integradas. Isto supón que morreron 269 persoas relacionadas con residencias, ao redor dun 45 por cento do total de falecidos con coronavirus en Galicia.

Con respecto aos centros de atención a discapacitados, Política Social informou de que hai 67 casos activos de coronavirus en usuarios (un menos que os notificados este martes), dos que unha gran parte corresponden ao CAPD de Redondela (16 persoas), ao CAPD da Coruña (14 persoas), e ao centro Pai Menni de Betanzos (12 persoas).

Por outra banda, o número de traballadores afectados nestas instalacións é de 24, 8 menos que os notificados ese martes. Entre os centros con maior número de traballadores afectados está o CAPD de Redondela (7 casos), o CAPD da Coruña (5 casos) e a residencia DomusVi de Bóveda (4 casos).

INGRESOS EN UCI

Os pacientes ingresados en UCI en hospitais de Galicia con COVID-19 positivo volveron descender ata situarse en 22, tres menos que hai un día, así como os hospitalizados noutras unidades, que se reduciron ata o 144, o que supón 22 menos que o martes.

Segundo os datos facilitados polas áreas sanitarias, na de Vigo hai 565 pacientes activos con COVID-19, dos que 27 permanecen hospitalizados, oito deles en UCI --catro no Hospital Álvaro Cunqueiro, tres en Povisa e un en Fátima--, mentres que 1.497 persoas xa se curaron. Na da Coruña e Cee os pacientes ingresados sitúanse en 40, dos cales tres se atopan en UCI e 31 en planta do Chuac; outro no Hospital de Cee; outro no Quirón e catro no Hospital Modelo.

Nesta área sanitaria coruñesa puntualizaron que se rexistraron outras 24 altas, entre as a domicilio e as de pacientes en unidades COVID que deron negativo nas PCR pero necesitan seguir ingresados no hospital por outro tipo de patoloxías.

Pola súa banda, na área de Santiago e Barbanza permanecen 34 pacientes ingresados con coronavirus, 30 deles en unidades convencionais e catro en UCI. Os pacientes curados ascenden a 1.202 e as PCR realizadas elévanse a 17.172.

Na provincia de Lugo hai 124 casos activos, nove menos que este martes cando se contabilizaron 133, dos cales catro corresponden a pacientes en UCI --igual que a xornada pasada-- e outro está nunha unidade de hospitalización no HULA e 119 atópanse en seguimento domiciliario --nove menos--.

Segundo os datos facilitados pola área sanitaria luguesa, os hospitais públicos situados nos municipios de Monforte e Burela --Hospital A Mariña-- permanecen sen pacientes ingresados con COVID-19. Ata a data nesta provincia rexistráronse 757 altas, 12 máis que o martes cando había 745. Na área de Ferrol os casos activos rexistrados son 79, dos que seis corresponde a pacientes en unidades de hospitalización --ningún deles en UCI-- e 73 en seguimento domiciliario.

Na área de Pontevedra e O Salnés hai tres pacientes con COVID-19 hospitalizados en planta e ningún en área de críticos, mentres que 107 evolucionan no seu domicilio, os que eleva a 110 os casos activos. Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 709 pacientes nesta área sanitaria, o que supón 15 máis que este martes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cuestión xenetica ???

Creo que moitas mortes Son por causas xeneticas, pois nos países rusos non teñen tanta mortandade, independentemente do ben que o fixera o gobernó ruso se ten que ter en conta o do cromosoa Y que ben do pobo yamnaya que é orixinario do sur de Rusia e kazahastan - ata aquí chegou ise pobo e despois os seus descentes celtas, efectivamente, anque mais recente, namentras o pobo orixinario yamnaya e de 5.000-4.000 anos antes de cristo.... tiñan carros con rodas e cabalos domesticados e conquistaron toda europa... o pobo ise veu de rusia-kazahastan... e con eles tamen ian as enfermedades coma a peste... de resultas temos xenes non so do paelolitico tardio, do neolitico e deste pobo en variedade dun 33% en todos ises grupos o mellor os ruso teñen mais dun tercio..... ademais de traer o cabalo e a roda tamen trouxeron todos os linguaxes indoeuropeos excepto (Basco e húngaro-fines) e tamen os linguaxes farsi de iran (arios)...