O PPdeG pedirá incrementar as mesas e suprimir a taxa de terrazas durante 2020

Presentará unha moción nos concellos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O PPdeG presentará unha moción nos concellos galegos para que se permita incrementar o número de mesas en terrazas dos establecementos de hostalaría e pedirá a supresión da taxa de ocupación destes espazos durante o ano 2020.

Así o destacou a formación nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que a declaración do estado de alarma non só impuxo restricións á mobilidade das persoas, senón tamén a suspensión ou a limitación dun número importante de actividades sociais e económicas ante o risco para a saúde pública que supón a COVID-19.

Os populares trasladaron o seu "apoio incondicional" a un dos sectores máis castigados por esta pandemia como é o da hostalaría, "desempeñado por un amplo número de autónomos ou pequenas empresas que xeran moitos empregos nos concellos".

O PPdeG, que subliña que a prioridade é "garantir a saúde dos cidadáns", indicou que estes establecementos se están vendo privados de gran parte da súa facturación anual polo peche obrigado durante estes meses. Ademais, sinalou que a gran maioría debe afrontar gastos operativos fixos, como os financeiros, o aluguer ou os tributarios, que comprometen seriamente a súa viabilidade económica.

Os populares lembran que en Galicia, coa activación da fase 1 da desescalada, poderán abrir ao público as terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitandose ao 50% das mesas permitidas no ano 2019 en base á correspondente licenza municipal.

Ademais, indica que este precepto habilita os concellos a permitir o incremento do número de mesas que lle correspondería a ese establecemento aumentando a superficie destinada á terraza e, con iso, facilitando que se respecten as necesarias distancias de seguridade entre as cadeiras das mesas.

A maiores destas cuestións, o PP pide axilidade e dilixencia na resolución destes permisos, informando os titulares dos establecementos desta posibilidade normativa e da dispoñibilidade da administración local para a súa implementación.

Terrazas cheas en Vigo no primeiro día da fase 1 da desescalada
Terrazas cheas en Vigo no primeiro día da fase 1 da desescalada | Fonte: c Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta