Anuncian a adaptación da remodelación proxectada para a estación da Coruña para cumprir o código de edificación

ADIF comunicóullelo tanto á Xunta de Galicia como ao Concello da Coruña durante unha reunión por vídeoconferencia.

Por E.P. | CORUÑA, A | 13/05/2020 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Adif adaptará o proxecto de construción da remodelación da estación da Coruña, aprobado en abril do ano pasado, "co fin de adecualo ao novo código técnico de edificación (CTE)", segundo informa.

Nun comunicado, explica que así llo comunicou á Xunta de Galicia e ao Concello da Coruña na reunión técnica celebrada por vídeoconferencia coas outras administracións implicadas no desenvolvemento da estación intermodal coruñesa.

Adif estima necesaria a adaptación do proxecto ao novo CTE, "unha adaptación que non só cumprirá a normativa vixente, senón que será especialmente sensible coa sustentabilidade, eficiencia e coidado do medio ambiente". En todo caso, asegura que a adaptación "non suporá cambios funcionais do deseño xa realizado".

Por outra banda, sostén que no proxecto básico da terminal de autobuses a cargo da Xunta "existen numerosos incumprimentos do documento de bases de acordo acordado en novembro de 2017". "Estes incumprimentos xeran incompatibilidades co proxecto de construción da remodelación da estación da Coruña, aprobado por Adif, e han de resolverse previamente á aprobación do proxecto de construción da estación de autobuses".

CRITICAS DA XUNTA

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cualificou de "incomprensible" a situación da licitación das obras da estación intermodal.

"Anunciouse hai case un ano que ía licitar estas obras da estación intermodal por case 50 millóns". "Levamos meses esperando por esa licitación sen ningunha explicación e agora o Goberno anuncia que non se vai a poder facer ata o próximo ano", sentenciou.

"A cidade da Coruña merece unha explicación", manifestou a conselleira quen denunciou a "paralización" de investimentos do Goberno central, asegurou en relación á ampliación de Alfonso Molina ou o tren ao porto exterior.

Vagón dun tren. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Vagón dun tren. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta